A calidade do noso soño é moi importante para levar unha vida sa e saudable, un bo descanso permitiranos desenvolver as tarefas do día a día dunha forma moito máis produtiva.
Factores como o estrés (por motivos laborais, en períodos de exames, por conflitos familiares…) poden interferir nas nosas rutinas de soño, dificultándoas e alterándoas e, por tanto, facendo que non sexamos capaces de lograr descansar do todo.
Para afrontar estas situacións, hai algunhas pautas e consellos que nos poden axudar non só a conciliar o soño, senón a mellorar a calidade do noso descanso e de vida:
1. Evita tomar cafeína ou outro estimulante cara ás últimas horas da tarde
2. Tenta non cear demasiado pesado para non irche a durmir coa sensación de “barriga chea”
3. Mantén os teus horarios regulares, tanto a hora de ir a durmir como a de espertar.
4. Realiza actividade física, xa que che axudará a sentir máis canso e a conciliar o soño
5. Evita as pantallas antes de durmir, opta por ler ou por outra actividade que non estimule o teu cerebro.
Consulta mais conselLos da man de DKV seguros AQUÍ.










