fegaba
social basket
O Baloncesto Galego como axente activo! Unimos Deporte con diferentes perspectivas da nosa sociedade! Coñece as actividades do noso proxecto!
FEGABA e ANEDIA renovan a campaña “Sensores nas pistas” na súa segunda edición
– 20.000 adhesivos a modo de “sensores” poderanse ver durante toda a fin de semana do 15 e 16 de novembro portadas por xogadores e xogadoras de baloncesto, así como adestradores, árbitros e oficiais de mesa. – A acción conta un ano máis co apoio de equipos galegos de categorías nacionais. A Federación Galega de…
LER MÁISO Baloncesto Galego promove a integración a través da iniciativa “Basket Diverso”
Co gallo do tres de decembro, DÍa Internacional das Persoas con Discapacidade, e ao longo de todo o mes, a Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA) e diversos clubs de toda a Comunidade; suman forzas na segunda edición de “Basket Diverso”, proxecto que busca impulsar os valores…
LER MÁISO Baloncesto Galego di NON!
O Baloncesto Galego di NON á violencia contra as mulleres. Neste 25 de novembro, Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres; e cada día, dicimos NON á violencia machista, dentro e fóra das pistas. No Deporte e na vida: o noso é un enérxico NON ante todo tipo de violencias contra as mulleres. Di…
LER MÁISA Subdelegación do Goberno pon en marcha á campaña ′Faille un mate á violencia de xénero′ xunto á Federación Galega de Baloncesto
O subdelegado presentou hoxe esta iniciativa dirixida aos equipos que integran a liga de preminibasket da provincia Enmárcase no programa de actividades que a institución desenvolve co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia sobre as Mulleres O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, presentou esta mañá a campaña ′Faille un mate á…
LER MÁISA Federación Galega de Baloncesto súmase con Anedia ao día mundial da Diabetes
FEGABA E ANEDIA activan a campaña “Sensores nas pistas”, incluída no programa federativo “SOCIAL BASKET”. 10.000 adhesivos a modo de “sensores” poderanse ver durante toda a fin de semana portadas por xogadores e xogadoras de Baloncesto, así como os adestradores, árbitros e oficiais de mesa A acción conta co apoio de equipos galegos de categorías nacionais, tanto ACB…
LER MÁISO “Norteo” – Torneo Interautonómico de Veteranas, en apoio á Asociación Española contra o Cancro
Federación Galega e Federación Asturiana de Baloncesto impulsaron neste 2024 a I edición do “Norteo”, un Torneo Interautonómico de xogadoras veteranas con clara vocación integradora, apostando polo Baloncesto, os seus valores e ás implicacións da vida deportiva máis ala dos 35 anos. Celebrado en Ribadeo os 26 e 27 de outubro, todas as participantes no…
LER MÁISADOS e a Federación Galega de Baloncesto promoven a Doazón nos Campionatos de España Infantil de Clubs
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) están a promover unha iniciativa para incentivar a sensibilización social a prol da doazón de sangue, así como para aumentar as doazóns, no marco do desenvolvemento dos Campionatos de España de Clubs de Baloncesto Infantil Feminino e Masculino que se desenvolverán esta…
LER MÁISFeliz Día das Letras Galegas!
Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, homenaxeamos a Luísa Villalta, autora coruñesa que dedicou gran parte da súa vida non só á publicación de poemas e ensaios en galego, senón que tamén tivo unha brillante carreira como violinista. Dende a FEGABA, convidámosvos a compartir vídeos recitando os vosos fragmentos favoritos das súas obras.…
LER MÁISFEGABA e GADIS por un Baloncesto Sostible
Federación Galega de Baloncesto e Supermercados GADIS suman as súas forzas para impulsar o poder do Baloncesto como peza importante dun mundo máis sostible. Con motivo da celebración o vindeiro 22 de marzo do Día mundial da Auga, FEGABA e GADIS ofrecen aos clubs galegos de Baloncesto a posibilidade de recibir, de xeito gratuíto, novas…
LER MÁIS“Brazaletes de Esperanza” contra o Cancro
Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que se conmemora o 4 de febreiro, dende a Federación Galega de Baloncesto unímonos á iniciativa “Brazaletes de Esperanza”, da Asociación Española Contra o Cancro. E facémolo grazas á implicación do noso Comité Galego de Árbitros (CGAB). Nos encontros desta fin de semana das nosas competicións, os…
LER MÁIS“Basket Diverso”, a iniciativa integradora que chega a Lugo, Ferrol e Vigo
– A Federación Galega de Baloncesto, co patrocinio de GADIS e a colaboración da Federación Galega de Deporte Adaptado, promove esta actividade, enmarcada no seu programa “SOCIAL BASKET”. – Únense a esta acción o Celta Baloncesto, Durán Maquinaria Ensino Lugo e Baxi Ferrol. – Partiparán tamén nesta I edición de “Basket Diverso”: AMFIV Vigo, Basketmi Ferrol, Xuncas Diversia,…
LER MÁISO Baloncesto Galego di NON á violencia contra as mulleres
Francisco Javier García Linares, Director de AQUALIA en Galicia; Julio Bernárdez, Presidente da Federación Galega de Baloncesto; e Susana Fernández; Directora Xeral da Federación Galega de Baloncesto, portando as pulseiras coa mensaxe da campaña “O Baloncesto Galego di NON”. – A Federación Galega de Baloncesto (FGB), en colaboración con AQUALIA, activa a campaña “O Baloncesto…
LER MÁISSOCIAL BASKET, UN proxecto de TOD@S!
"O Baloncesto Galego di NON"
A Federación Galega de Baloncesto (FGB), en colaboración con AQUALIA, activamos a campaña “O Baloncesto Galego di NON”.
Con motivo do Día Internacional da loita da violencia contras as mulleres, 20.000 pulseiras co lema “O Baloncesto Galego di NON” foron as protagonistas nos pavillóns de toda GALICIA da man de todos os xogadores e xogadoras galegas de Baloncesto, así como os adestradores, árbitros e oficiais de mesa.
A acción contou co apoio dos equipos galegos de categorías nacionais, tanto ACB como da propia FEB; así como dos árbitros AEBA e de personalidades do deporte e da cultura.
Basket Diverso
Parte importante da Comunidade Baloncestística galega uniuse a través de “Basket Diverso”, iniciativa que, en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado e GADIS; impulsou os valores do Baloncesto como elemento integrador e educacional.
En Lugo, Ferrol e Vigo, un total de 250 xogadores de Baloncesto de diferentes modalidades e categorías reuníronse para compartir unhas horas de aprendizaxe, inclusión e práctica deportiva.
Participaron representantes do Ensino Lugo, Celta Baloncesto e Baxi Ferrol de Liga Feminina Endesa; Xuncas Diversia, Basketmi e Amfiv Vigo de Balocnesto en Cadeira de Rodas; e as Fundacións Universitario de Ferrol e Celta Integra.
Brazaletes de Esperanza
Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que se conmemorouo 4 de febreiro, dende a Federación Galega de Baloncesto unímonos á iniciativa “Brazaletes de Esperanza”, da Asociación Española Contra o Cancro. E fixémolo grazas á implicación do noso Comité Galego de Árbitros (CGAB).
Nos encontros desa fin de semana das nosas competicións, os árbitros e oficiais de mesa do CGAB lucirán os seus propios brazaletes verdes, representando así a todo o Baloncesto Galego na nosa colaboración e total apoio á Asociación Española Contra o Cancro.
Esta enfermidade non distingue de cores nin escudos, elixe a todos por igual. Só todos contra o cancro poderemos gañar o partido máis difícil: continuar aumentando a supervivencia á enfermidade ata chegar a un 70% e apoiar aos miles de pacientes e familias.
#TodosContraoCancro
FEGABA e GADIS, por un Baloncesto Sostible
Federación Galega de Baloncesto e Supermercados GADIS suman as súas forzas para impulsar o poder do Baloncesto como peza importante dun mundo máis sostible.
Con motivo da celebración do Día mundial da Auga (22 de marzo), FEGABA e GADIS ofrecen aos clubs galegos de Baloncesto a posibilidade de recibir, de xeito gratuíto, novas redes para as súas canastras, unhas redes especiais que proceden do mar e que chegan coa sinatura da empresa ECOBALLUTION.
Federación Galega de Baloncesto e GADIS súmanse así a aposta de ECOBALLUTION para materializar a capacidade do Deporte para respectar e coidar ao medio ambiente.
As redes ECOBALLUTION están confeccionadas de forma artesanal polas redeiras de Corme, e proceden doutras redes, as que se atopan no mar ou foron rexeitadas xa para o seu uso neste ámbito.
Ecoballution
A ligazón de ECOBALLUTION co Baloncesto non é allea. Esta marca conta co xogador Coruñés, Carlos Martínez; como o seu fundador, director e coñecedor en primeira persoa da importancia do compromiso que o Deporte debe ter co medio ambiente, neste caso a través da AUGA.
Construamos xuntos un Baloncesto máis sostible a partir da AUGA











