Sparking Truth Maristas Coruña – Durán Maquinaria Ensino e Celta Femxa Zorka – Baxi Ferrol, semifinais da 39ª Copa Galicia Sénior Feminina

O sorteo, celebrado esta mañá, determinou os cruces da fase final, que se disputará en Ferrol os días 11 e 12 de setembro grazas á colaboración do Concello de Ferrol e Baxi Ferrol.

A emoción da 39ª Copa Galicia Sénior Feminina xa crece. O sorteo celebrado esta mañá en Ferrol, cidade que será sede da competición, definiu os cruces das semifinais, que se disputarán o día 11 de setembro no Pavillón da Malata.

Sparking Truth Maristas Coruña vs Durán Maquinaria Ensino (18:00 h) e Celta Femxa Zorka vs Baxi Ferrol (20:30 h) serán os duelos desta rolda. As
gañadoras xogarán a final o día 12 ás 19:00 horas.

A presentación da 39ª edición contou coa presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; do secretario xeral para o Deporte, Roberto García Fernández; e do presidente da Xunta Xestora da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, así como de representantes dos catro
clubs participantes: Baxi Ferrol, Durán Maquinaria Ensino, Celta Femxa Zorka e Sparking Truth Maristas Coruña.

Venda de entradas
As entradas de día e os abonos para desfrutar desta Copa Galicia están xa á venda a través da plataforma Ataquilla.com. O prezo dos abonos é de 15 € máis gastos. As entradas de día, no seu caso, teñen un custe de 10 € (máis gastos).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias