Curso de Iniciación 26 - 27
Os Cursos de iniciación do Comité Galego de Árbitros inician aos alumnos e alumnas na base do traballo dos árbitros e oficiais de mesa.
As regras de Baloncesto, coas súas infraccións e peculiaridades, así como a mecánica, finalización e funcións específicas dos oficiais de mesa son a base da aprendizaxe nesta formación.
Durante todo este camiño didáctico, o cadro de técnicos do CGAB acompañará aos alumnos e alumnas nos seus pasos iniciais no mundo da arbitraxe, abríndolle as portas a un mundo no que o Baloncesto, pero tamén as experencias persoais enriquecedoras, son protagonistas.
A idade mínima para realizar o curso é a dos 14 anos.
CONVOCATORIAS
O Curso de iniciación a arbitraxe 2026 – 2027 consta dun total de 10 horas de formación básica, que se distribuirán en 3 módulos diferenciados e que se complementarán unha vez rematado o curso co seguimento e formación continua por parte dos técnicos arbitrais zonais designados para continuar co proceso de crecemento e desempeño dos novos árbitros e oficiais de mesa CGAB.
MÓDULO 1 – Formación Online
Duración: 4 horas (común para árbitros/as e oficiais de mesa).
Realizarase de forma flexible a partir do 24 de agosto a través da Plataforma Online do CGAB. Este módulo deberá completarse (incluíndo as 4 horas máis un exame – non eliminatorio-) con carácter previo á realización do Bloque 2.
MÓDULO 2 – Formación Presencial
Duración: 4 horas
- 2 horas comúns de práctica en pista con procedementos básicos dentro dun partido de baloncesto.
- 2 horas de práctica en pista para árbitros (localización, mecánica básica, principios básicos de arbitraxe e sinalización) / 2 horas de aula para oficiais de mesa (procesos administrativos previos ao encontro, coñecemento de acta dixital e papel e introdución a dispositivos)
Debera elixirse a sede na que se realizará esta formación, ligadas tamén estas a unhas datas determinadas.
– 29 de agosto: A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo.
– 5 de setembro: Ferrol, Lugo e Pontevedra.
– 12 de setembro: A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo.
– 19 de setembro: Ferrol, Lugo e Vilagarcía de Arousa.
– 26 de setembro: o CGAB habilita unha derradeira convocatoria presencial en calquera das 8 locacións que presente un número mínimo de 10 colexiados (árbitros ou oficiais de mesa) para a súa realización.
MÓDULO 3 – Online
Duración: 2 horas
- Repaso e dúbidas sobre os coñecementos adquiridos nos módulos previos.
- Coñecemento aministrativo e técnico do CGAB e os seus comités arbitrais zonais.
- Avaliación específica de árbitros e oficiais de mesa a realizar polo respectivo técnico CGAB Zonal.
O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTENDERASE ata unha data diferente en cada caso, en función do Módulo 2.
Horas lectivas
Cada Curso de Iniciación FGB estenderase ao longo de 10 HORAS de formación en total.
Formación Continua
Unha vez rematado o curso os alumnos que se incorporen ao CGAB continuarán realizando formación derivada do Curso. E compaxinarana coa formación da programación oficial CGAB.
Cota de inscrición
O Curso de Iniciación CGAB ten unha cota de inscrición de 30 euros (inclúe o pago da licenza FGB). Posteriormente, unha vez superado o curso, o alumno deberá aboar: - O Seguro deportivo obrigatorio. - Uniformidade.
Podes enviarnos as túas consultas ou dúbidas en relación aos nosos Cursos de Iniciación CGAB 2025 – 2026. Daremos resposta en breve!