Circuíto "3X3 URBAN - Deputación de Pontevedra"
A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), en colaboración coa Deputación de Pontevedra organiza o circuíto “3X3 URBAN Deputación de Pontevedra“, que percorrerá tres localidades da provincia ao longo do mes de xullo e agosto.
A competición, de participación totalmente gratuíta, está aberta tanto a xogadoras e xogadores federados coma non federados.
O circuíto disputarase nas seguintes sedes e datas:
Vigo, 18 e 19 de xullo (Puerto de Vigo).
Vilagarcía de Arousa, 01 e 02 de agosto. (Praza A Xunqueira).
A Estrada: 29 e 30 de agosto. (Praza do Concello).
En cada sede, a competición organizarase en dúas xornadas: o primeiro día disputaranse as categorías Minibasket e Infantil, ambas mixtas, mentres que o segundo día será a quenda de Cadete e Júnior, con diferenciación entre competición feminina e masculina/mixta segundo o número de equipos inscritos.
Os equipos, formados por un mínimo de tres e un máximo de catro xogadores/as, deberán designar un responsable maior de idade que actúe como interlocutor coa organización.
O número de prazas é limitado por categoría e sede, asignadas por orde de chegada das solicitudes.
Inscrición - Normativa
A inscrición xa se atopa dispoñible para cada unha das sedes, e realizarase de forma telemática a través dos seguintes formularios habilitados para tal efecto:
Vigo – 18 de Xullo / Categorías Minibasket e Infantil – INSCRICIÓN PECHADA
Vigo – 19 de Xullo / Categorías Cadete e Júnior – INSCRICIÓN PECHADA
Vilagarcía de Arousa – 01 de agosto / Categorías Minibasket e Infantil – INSCRICIÓN PECHADA
Vilagarcía de Arousa – 02 de agosto / Categorías Cadete e Júnior – INSCRICIÓN PECHADA
A Estrada – 29 de agosto/ Categorías Minibasket e Infantil – INSCRICIÓN PECHADA
A Estrada – 30 de agosto/ Categorías Cadete e Júnior – – INSCRICIÓN PECHADA
Normativa
“Circuíto 3×3 URBAN Deputación de Pontevedra”
Email de contacto para consultas sobre o Circuíto: 3×3@fegaba.com




