III Torneo 3×3 Go! Go! Zo!: últimas prazas dispoñibles antes do peche de inscricións

A III edición celebrarase os días 22 e 23 de agosto no Complexo Monte do Gozo de Santiago de Compostela, con colaboración deportiva da Federación Galega de Baloncesto

O prazo de inscrición para a III edición do Torneo 3×3 Go! Go! Zo! avanza coas primeiras categorías xa pechadas. A cita, que se disputará os días 22 e 23 de agosto no Complexo Monte do Gozo, non esixe licenza federada para participar e admite equipos masculinos, mixtos e femininos, cun mínimo de tres e un máximo de catro xogadoras/es.

22 de agosto (Cadete, Xuvenil e Sénior)
Prazo de inscrición PECHADO.

23 de agosto (Preminibasket, Minibasket e Infantil)
Prazo de inscrición PECHADO.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias