Curso de Iniciación 26 - 27
Os Cursos de iniciación do Comité Galego de Árbitros inician aos alumnos e alumnas na base do traballo dos árbitros e oficiais de mesa.
As regras de Baloncesto, coas súas infraccións e peculiaridades, así como a mecánica, finalización e funcións específicas dos oficiais de mesa son a base da aprendizaxe nesta formación.
Durante todo este camiño didáctico, o cadro de técnicos do CGAB acompañará aos alumnos e alumnas nos seus pasos iniciais no mundo da arbitraxe, abríndolle as portas a un mundo no que o Baloncesto, pero tamén as experencias persoais enriquecedoras, son protagonistas.
A idade mínima para realizar o curso é a dos 14 anos.
CONVOCATORIAS
O Curso de iniciación a arbitraxe 2026 – 2027 consta dun total de 10 horas de formación básica, que se distribuirán en 3 módulos diferenciados e que se complementarán unha vez rematado o curso co seguimento e formación continua por parte dos técnicos arbitrais zonais designados para continuar co proceso de crecemento e desempeño dos novos árbitros e oficiais de mesa CGAB.
MÓDULO 1 – Formación Online
Duración: 4 horas (común para árbitros/as e oficiais de mesa).
Realizarase de forma flexible a través da Plataforma Online do CGAB. Este módulo deberá completarse (incluíndo as 4 horas máis un exame – non eliminatorio-) con carácter previo á realización do Bloque 2.
MÓDULO 2 – Formación Presencial
Duración: 4 horas
- 2 horas comúns de práctica en pista con procedementos básicos dentro dun partido de baloncesto.
- 2 horas de práctica en pista para árbitros (localización, mecánica básica, principios básicos de arbitraxe e sinalización) / 2 horas de aula para oficiais de mesa (procesos administrativos previos ao encontro, coñecemento de acta dixital e papel e introdución a dispositivos)
Debera elixirse a sede na que se realizará esta formación, QUE SE CELEBRARÁ O 24 DE OUTUBRO.
MÓDULO 3 – Online
Duración: 2 horas
- Repaso e dúbidas sobre os coñecementos adquiridos nos módulos previos.
- Coñecemento aministrativo e técnico do CGAB e os seus comités arbitrais zonais.
- Avaliación específica de árbitros e oficiais de mesa a realizar polo respectivo técnico CGAB Zonal.
O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTENDERASE ata o 22 de outubro ás 16:00 h.
Horas lectivas
Cada Curso de Iniciación FGB estenderase ao longo de 10 HORAS de formación en total.
Formación Continua
Unha vez rematado o curso os alumnos que se incorporen ao CGAB continuarán realizando formación derivada do Curso. E compaxinarana coa formación da programación oficial CGAB.
Cota de inscrición
O Curso de Iniciación CGAB ten unha cota de inscrición de 30 euros (inclúe o pago da licenza FGB). Posteriormente, unha vez superado o curso, o alumno deberá aboar: - O Seguro deportivo obrigatorio. - Uniformidade.
Podes enviarnos as túas consultas ou dúbidas en relación aos nosos Cursos de Iniciación CGAB 2025 – 2026. Daremos resposta en breve!