O III Torneo 3×3 Go! Go! Zo! abre as inscricións

O Torneo 3×3 Go! Go! Zo! regresa ao Monte do Gozo en pleno verán coa súa terceira edición
A cita, con colaboración deportiva da Federación Galega de Baloncesto, celebrarase os días 22 e 23 de agosto no Complexo Monte do Gozo de Santiago de Compostela

O Monte do Gozo volve acoller baloncesto 3×3. Os días 22 e 23 de agosto celebrarase a III edición do Torneo 3×3 Go! Go! Zo!, no Complexo Monte do Gozo de Santiago de Compostela, nunha cita que este ano a dianta as seas datas de celebración e trae novidades, concursos e sorpresas para os participantes.

O evento organízase da man do Festival Go! Go! Zo! distribuindo a competición e as actividades paralelas en dúas xornadas. O sábado 22 de agosto estará destinado ás categorías Cadete, Júnior e Sénior, mentres que o domingo 23 de agosto será o día das categorías Preminibasket, Minibasket e Infantil.

O torneo está aberto a equipos masculinos ou Mixtos e a equipos femininos (que deben contar con mínimo de tres xogadores, e un máximo de 4) e non é necesaria licenza federada para participar.

As inscricións están xa abertas e poden realizarse a través dos seguisteis formularios online.

Inscrición – 22/08/2026: categorías Cadete, Júnior e Sénior. PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO.

Inscrición – 23/08/2026: categorías infantil, Mini e Preminibasket – PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO. 

* No caso de existir vacantes nalgunha das categoría, poderíanse abrir máis prazas noutras con maior demanda.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias