Curso Nivel 2 2026 - 2027
6A Federación Galega de Baloncesto convoca o Curso AUTONÓMICO de Nivel 2, con carácter FEDERATIVO e en formato SEMIPRESENCIAL.
Actívase a súa Convocatoria axeitándoa tanto á normativa vixente (Decreto 106/2017, do 28 de setembro), como ao momento actual, contando con profesorado de calidade e con medios acordes ás tendencias formativas do século XXI.
A celebración deste Curso de Nivel 2 2026 – 2027 inclúese dentro do Plan Nacional de Estudos da Escola Nacional de Adestradores e posúe validez exclusivamente federativa.
Este curso habilita, tras superalo, a exercer como adestrador de baloncesto en Galicia.
FASE PRESENCIAL – DE ASISTENCIA OBRIGATORIA
A fase presencial do Curso realizarase visitando a Academia Galega de Seguridade Pública, no Concello de A Estrada, baixo a seguinte planificación:
2 e 3 de xaneiro de 2027.
9 e 10 de xaneiro de 2027.
1 e 17 de maio de 2027.
FASE ONLINE – DE ASISTENCIA OBRIGATORIA
Realizarase a través da Plataforma online da Escola Galega de Adestradores.
As datas completas da formación online, así como a estrutura didáctica do curso, poden consultarse ao completo Guía Didáctica Nivel 2 2026 – 2027
COTA DE INSCRICIÓN
A cota de inscrición por persoa é de 500 € (correspondentes estritamente á formación).
A inscrición pode realizarse por dúas vías:
– As persoas que se inscriban e abonen o curso de xeito particular e individual deben tramitar o proceso a través da nosa TENDA FEGABA para as accións formativas.
– Aqueles adestradores cuxa inscrición e abono da mesma se realice a través do seu club, deberán enviar a adestradores@fegaba.com o xustificante de pago e a reseña dos seus correspondentes datos persoais (Nome completo, DNI, data de nacemento, email de contacto do alumno e club de orixe). A conta de ingreso neste caso é: ES96 2100 1455 14 0200227406.
Ante dúbidas e consultas neste proceso o email de contacto é egadestradores@fegaba.com
PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición remata o 23/12/26 ás 12:00 h.
aberta
Lembra que para a preinscrición precisarás ter completado e acreditada a formación complementaria do Curso de Nivel 1