Escola Galega de Adestradores

EGA 2025 - 2026

A Federación Galega de Baloncesto  formula o proceso completo formativo dos técnicos galegos a través da súa Escola Galega de Adestradores, escenario de prestixio e calidade didáctica para o #adestradorgalego 

Cursos Federativos e Actividades 

Na vixente temporada 2025 – 2026, a Escola Galega de Adestradores materializa unha programación formativa que ten a súa base nos CURSOS DE ÁMBITO FEDERATIVO: Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2. 

O Calendario de cursos federativos complétase ademais cun plan de actividades, obradoiros e eventos didácticos que se estende ao longo da temporada percorrendo diferentes localizacións da xeografía galega.

ORGANIGRAMA

Director

Chete Pazo

Responsables Áreas Bloque Específico

Rubén Vázquez - Pablo Abuín - Carlos Maceiras - Marcos Vázquez

Os adestradores e adestradoras, alumnos e persoas interesadas en consultar información, dúbidas ou poñerse en contacto coa Escola Galega de Adestradores poder facelo remitindo os seus emails á area en cuestión. Daremos resposta á maior brevidade posible!