O circuíto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” chega á súa recta final. Tras o paso por Vigo e por Vilagarcía de Arousa, queda aberta unicamente a inscrición para a terceira e última parada, que se disputará o 29 e 30 de agosto na Praza do Concello de A Estrada.
O circuíto arrincou con éxito no Porto de Vigo e continuou coa súa segunda cita en Vilagarcía de Arousa, no Parque A Xunqueira, consolidando esta fórmula de baloncesto 3×3 en espazos urbanos da provincia. Agora, A Estrada pechará esta edición cunha xornada aberta a Minibasket e Infantil (ambas mixtas) o primeiro día, e Cadete e Júnior o segundo día, con competición que poderá ser feminina, masculina ou mixta en función do número de equipos inscritos.
Os equipos, formados por un mínimo de tres e un máximo de catro xogadores/as, deberán designar un responsable maior de idade que actúe como interlocutor. O número de prazas é limitado por categoría e sede, asignadas por orde de chegada das solicitudes.
Os interesados poden formalizar a súa INSCRICIÓN a través dos seguintes formularios web:
A Estrada – 29 de agosto/ Categorías Minibasket e Infantil
A Estrada – 30 de agosto/ Categorías Cadete e Júnior
Normativa e máis información
Galería de Imaxes: Vilagarcía de Arousa










