A Federación Galega de Baloncesto pon en marcha o Rexistro FEGABA, unha plataforma dixital deseñada para facilitar a xestión do día a día dos clubes federados. A través desta oficina virtual, dispoñible en rexistro.fegaba.com, os clubes poderán tramitar de forma áxil e nun único lugar cuestións como:
Solicitude de certificacións
Consulta e información sobre competicións.
Escritos ao Comité de Competición.
Recursos ao Comité de Apelación.
Xestións contables.
Trámites relacionados coa área deportiva.
Coa posta en marcha desta ferramenta, a FEGABA busca simplificar os trámites administrativos, reducir desprazamentos e ofrecer maior constancia e seguimento de cada solicitude.
Para presentar o funcionamento da plataforma, celebrarase unha reunión telemática (vía zoom) o vindeiro 23 de xullo ás 12:00h, aberta a todos os clubes.
Durante a sesión explicarase como rexistrarse, os primeiros pasos para usar a plataforma e resolveranse as dúbidas que poidan xurdir. A ligazón de acceso foi enviada aos correos oficiais de cada clube.










