Santiago acollerá a 40ª Copa Galicia Sénior Masculina o 5 e 6 de setembro

O Multiusos Fontes do Sar será a sede do torneo, no que participarán CB Breogán, Obradoiro CAB,  Basquet Coruña e Club Ourense Baloncesto.

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) confirma que a 40ª Copa Galicia Sénior Masculina disputarase os días 5 e 6 de setembro no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago.

A competición reunirá aos catro principais representantes masculinos do baloncesto galego na elite estatal: CB Breogán (Liga Endesa ACB), Obradoiro CAB (Liga Endesa ACB), Club Básquet Coruña (Liga Endesa ACB) e Club Ourense Baloncesto (Primeira FEB)

A organización da Copa Galicia conta coa colaboración do Concello de Santiago e do Obradoiro CAB. A sede e as datas do torneo foron anuciadas por Julio Bernárdez, presidente da xunta xestora da FEGABA; Pilar Lueiro, concelleira de Deportes do Concello de Santiago; e Raúl López, presidente do Obradoiro CAB.

 

Na última edición, o Río Breogán impúxose a Leyma Basquet Coruña na final e ampliou o seu rexistro como equipo máis laureado da historia da competición, con 16 títulos.

Nos próximos días daranse a coñecer a data do sorteo e os detalles da presentación oficial desta 40ª edición, na que se anunciarán os horarios dos encontros, a información sobre a venda de entradas e o resto da programación prevista para a fin de semana.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias