Baxi Ferrol, Durán Maquinaria Ensino, Celta Femxa Zorka e Sparking Truth Maristas Coruña competirán na cita nesta edición de 2026.
Baxi Ferrol, Durán Maquinaria Ensino, Celta Femxa Zorka e Sparking Truth Maristas Coruña competirán na cita nesta edición de 2026.
O Pavillón da Malata será o escenario da Copa Galicia Sénior Feminina 2026, que se disputará os días 11 e 12 de setembro, grazas á colaboración de FEGABA co Concello de Ferrol e Baxi Ferrol.
Viviremos a 39a edición dun torneo que reúne, antes do inicio das competicións oficiais, aos catro equipos máximos referentes do baloncesto feminino galego na actualidade: Baxi Ferrol (LF Endesa), Durán Maquinaria Ensino (LF Endesa), Celta Femxa Zorka (LF Endesa) e Sparking Truth Maristas Coruña (LF Challenge).
As datas de xogo e sede da competición foron confirmadas esta mañá polo presidente da xunta xestora da FEGABA, Julio Bernárdez, acompañado polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e polo presidente do Baxi Ferrol, Santiago Rey.
Nos vindeiros días darase a coñecer o cadro de competición, os horarios dos encontros e toda a información relativa á presentación oficial do torneo e á venda de entradas.










