HISTORIA DA COPA GALICIA
A Copa Galicia nace en 1986 coa primeira edición da competición senior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o C.A.B. Obradoiro compostelán e máis o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.
O primeiro vencedor foi o CB Breogán, que na actualidade é o club máis laureado da Copa Galicia con 16 campeonatos no seu poder. Dende aquel ano, o torneo senior masculino celebrouse ano tras ano, coa única interrupción do ano 2020, por mor do COVID 19.7
En 1987 naceu o torneo feminino, se ben a súa celebración non se estabilizou ata mediados dos anos noventa. No presente, lidera o palmarés feminino o Real Club Celta Baloncesto.
Ao longo do tempo, a Copa Galicia foi medrando e abranguendo cada vez máis categorías (Terceira FEB e categorías Base) ata se converter no torneo galego non ligueiro de referencia que é hoxe.
Convértea tamén en algo especial o celebrar, cada temporada, as seas eliminatorias en distintas vilas e cidades galegas. Trátase dunha Copa que xa é un punto de referencia na pretemporada do clubs galegos, e un nexo de unión entre xogadores e seareiros de todos os recantos da nosa xeografía.
Palmarés
Velaquí os equipos vencedores da Copa Galicia Sénior ao longo dos seus máis de trinta anos de historia (categorías masculina, feminina e EBA/Terceira FEB, respectivamente):
COPA GALICIA MASCULINA
2026 | Leyma Coruña
2025 | Río Breogán
2024 | Río Breogán
2023 | Monbús Obradoiro
2022 | Río Breogán
2021 | Río Breogán (Copa Galicia ACB) / Básquet Coruña (Copa Galicia LEB)
2019 | Monbus Obradoiro
2018 | Cafés Candelas Breogán
2017 | Obradoiro CAB
2016 | Obradoiro CAB
2015 | Obradoiro CAB
2014 | Obradoiro CAB
2013 | Obradoiro CAB
2012 | Obradoiro CAB
2011 | Obradoiro CAB
2010 | Obradoiro CAB
2009 | Leche Río Breogan
2008 | C.B. Breogán
2007 | Leite Río Breogán
2006 | C. Ourense Baloncesto
2005 | C.B. Breogán
2004 | Leite Río Breogán
2003 | Leite Río Breogán
2002 | Leite Río Universidade
2001 | C. Ourense Baloncesto
2000 | Breogán Universidade
1999 | C. Ourense Baloncesto
1998 | C.B. Breogán Universidade
1997 | Xacobeo Ourense
1996 | Sondeos do Norte
1995 | Xacobeo Ourense
1994 | Coren Ourense
1993 | OAR Clesa Ferrol
1992 | Coren Ourense
1991 | OAR Clesa Ferrol
1990 | OAR Ferrol
1989 | OAR Ferrol
1988 | OAR Ferrol
1987 | C.B.Breogán
1986 | C.B.Breogán
COPA GALICIA FEMININA
2026 | Durán Maquinaria Ensino
2025 | Baxi Ferrol
2024 | Durán Maquinaria Ensino (Sénior Feminina) / Maristas Coruña (Copa LF2)
2023 | Durán Maquinaria Ensino.
2022 | BAXI Ferrol
2021 | BAXI Ferrol
2019 | Durán Maquinaria Ensino
2018 | Durán Maquinaria Ensino
2017 | Universitario Ferrol
2016 | Universitario Ferrol
2015 | Universitario Ferrol
2014 | Universitario Ferrol
2013 | Universitario Ferrol
2012 | Feel Cortegada
2011 | Real Club Celta Baloncesto
2010 | Extrugasa
2009 | Real Club Celta Indepo
2008 | Real Club Celta Indepo
2007 | R.C. Celta Vigourban
2006 | Ensino Porta XI
2005 | R.C. Celta Vigourban
2004 | Extrugasa Cortegada
2003 | R.C. Celta Banco Simeón
2002 | R.C. Celta Banco Simeón
2001 | R.C. Celta Banco Simeón
1999 | R.C. Celta Banco Simeón
1998 | Banco Simeón
1997 | Banco Simeón
1996 | Banco Simeón
1990 | C.B. Cluny
1989 | Pabellón Caixa
1988 | C.B. Cluny
1987 | Círculo Mercantil
COPA EBA
2025 | Calvo Basket Xiria
2024 | Ucoga Seguros CB Chantada
2023 | CB Chantada
2022 | Ucoga Seguros CB Chantada
2021 | Ucoga Seguros CB Chantada
2019 | CB Chantada
2018 | CB Chantada
2017 | Santo Domingo Betanzos
2016 | Santo Domingo Betanzos
2015 | Baloncesto Narón
2014 | Baloncesto Narón
2013 | Baloncesto Narón
2012 | Establecimientos Otero Cambados
2011 | Narón
2009 | CB Chantada
Sparking Truth Maristas Coruña – Durán Maquinaria Ensino e Celta Femxa Zorka – Baxi Ferrol, semifinais da 39ª Copa Galicia Sénior Feminina
O sorteo, celebrado esta mañá, determinou os cruces da fase final, que se disputará en Ferrol os días 11 e...
FERROL acollerá a 39 Copa Galicia de Baloncesto Sénior Feminina os días 11 e 12 de setembro
Baxi Ferrol, Durán Maquinaria Ensino, Celta Femxa Zorka e Sparking Truth Maristas Coruña competirán na cita nesta edición de 2026.Baxi...





