A segunda parada do circuíto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, con sede en A Estrada, reprográmase ao 29 e 30 de agosto

A cita, que estaba prevista para este fin de semana, pasa a celebrarse a finais de agosto por cuestións loxísticas. A sede mantense na Praza do Concello.

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a segunda parada do circuíto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para este fin de semana en A Estrada, pasa a celebrarse o 29 e 30 de agosto, mantendo a mesma sede prevista orixinalmente, a Praza do Concello.

O circuíto xa celebrou con éxito a súa primeira parada no Puerto de Vigo, e continúa agora o seu percorrido pola provincia de Pontevedra coas citas de Vilagarcía de Arousa (1 e 2 de agosto – Parque A Xunqueira) e A Estrada (29 e 30 de agosto – Praza do Concello), que manteñen ambas aberto o seu prazo de inscrición.

A federación pide desculpas polas molestias que este cambio poida ocasionar e agradece á Deputación de Pontevedra a súa colaboración de cara a esta nova programación.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias