Circuíto “DepOUrense Basket 3×3”: inscricións activas

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa Deputación de Ourense, activa o Circuíto “DepOUrense Basket 3×3”  iniciativa da ntegrada no Programa de Fomento Deportivo 2026 da Deputación de Ourense.

O circuíto percorrerá seis concellos da provincia ao longo de diferentes datas neste verán:

  • Muíños – 16 de agosto.
  • Ribadavia – 21 de agosto.
  • O Carballiño – 22 de agosto.
  • Xinzo de Limia – 29 de agosto.
  • Allariz – 30 de agosto.
  • O Barco de Valdeorras – 5 de setembro.

Os dous equipos finalistas de cada categoría en cada sede clasificaranse para a gran final, que se disputará o 19 de setembro no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.

Circuíto “DepOUrense Basket 3×3” está aberto a xogadores federados e non federados, coas categorías de preminibasket e minibasket, infantil e cadete, e júnior e sénior, admitindo equipos masculinos, femininos e mixtos. A competición será de carácter mixto. 

Cada sede contará ademais cunha programación de animación e actividades complementarias.

Inscrición

A inscrición realizarase a través dos seguintes formularios web correspondentes a cada sede:

DepOUrense” Basket Circuíto” – Concello de Muíños – 16/08/26 – INSCRICIÓN PECHADA

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias