Skip to content
981 56 57 00
secretaria@fegaba.com
Facebook de FGB
X de FGB
Youtube de FGB
Instagram de FGB
Galería fotos en Flickr
Galería fotos en Flickr
menu FBCLM
  • FGB
    • Benvida do presidente
    • Identidade
    • Organigrama
    • Delegacións
    • Proxectos Erasmus + Sport
    • Documentación
    • Seguro deportivo
    • Código Ético FEGABA
    • Social Basket
    • Transparencia
    • Imaxe Corporativa
    • Memoria 2023/2024
  • Competicións
    • Resultados e Clasificacións
    • 1 División Feminina
    • Normativa
    • Noticias
    • 3×3 FEGABA
      • III Torneo Go! Go! Zo!
      • Circuíto “3X3 URBAN – Deputación de Pontevedra”
      • 3×3 Circuíto DepOUrense Basket
    • Copa Galicia
    • Histórico
  • Área deportiva
    • Noticias
    • Seleccións
  • Árbitros
    • Noticias
    • CGAB 2026 – 2027
    • Cursos de Iniciación
    • Localización
  • Adestradores
    • Noticias
    • Escola Galega de Adestradores
    • Tenda – Cursos e Clínics
    • Nivel 1
    • Nivel 2
    • Iniciación
    • Formación Complementaria
  • REXISTRO FEGABA
  • TENDA FEGABA
  • Contacto
  • Español

Memoria 2023/2024

INFORME DO PRESIDENTE

CAMPIÓNS FGB

ORGANIGRAMA

SELECCIÓNS GALEGAS

ÁREA INSTITUCIONAL

ÁREA COMPETICIÓNS

ÁREA ARBITRAL

ÁREA DEPORTIVA

ESTATÍSTICAS

ÁREA SOCIAL

Federación Gallega de Baloncesto

981 56 57 00

secretaria@fegaba.com

Estadio Municipal
Verónica Boquete - S. Lázaro
Porta 14, CP 15707.
Santiago de Compostela, A Coruña.

Legais

  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies

+FGB

  • Campus Online
  • Club do Árbitro

Redes

FEGABA en Facebook
FEGABA en X
FEGABA en Instagram
FEGABA en Flickr
FEGABA en Flickr

Accesibilidade

⇒ Compromiso de accesibilidade
© Federación Galega de Baloncesto. Todos os dereitos reservados.
Unión Europea y Fondos Next Generation
Plan de Recuperación Gobierno de España

Go to Top

Informe do presidente

Rematamos unha tempada ilusionante, chea de retos, marcada polo traballo en equipo e comezamos xa a mirar de cara a próxima e a mellorar todos os aspectos que sexa posible para poder continuar medrando como federación e como equipo.

 

O traballo conxunto ao longo destes meses posibilitou acadar con creces os nosos obxectivos, dando así lugar a numerosos logros dos que non poderíamos estar máis orgullosos.

 

Comezábamos a tempada cunha emocionante Copa Galicia, competición que temos intención de trasladar á cidade da Coruña nesta vindeira temporada e na que estamos traballando para que, no ano 2025 e coa intención de reforzar a irmandade con Arxentina, sexa posible celebrala na cidade de Bos Aires.

 

Galicia acolleu con éxito tres Campionatos de España

Sen dúbida, cabe destacar o éxito dos tres Campionatos de España que acolleu Galicia, cun grado de excelencia moi elevado en todos eles e que nos permite seguir no mapa para volver a acoller torneos de esta importancia de cara ao próximo ano. Na actualidade, podemos afirmar que temos avanzadas as xestións co Concello de Vigo, o concello de Ribadeo e a Comarca da Mariña, e cos Concellos de Santiago e Marín. Nos próximos meses continuaremos traballando para volver a estar á altura e para disfrutar na nosa comunidade de torneos deste nivel.

 

Destacamos tamén o traballo realizado na organización e no desenvolvemento das Fases Finais e das Fases de ascenso disputadas nesta última etapa da tempada, competicións que potenciaremos de cara ao próximo ano e coas que seremos aínda máis esixentes no referente ás instalacións e ás condicións dos equipos participantes.

 

 

Énchenos de orgullo o papel relevante que de novo temos na Federación Española de Baloncesto, co meu nomeamento para a Comisión Delegada e o de Susana Fernández Fiuza para a Comisión Executiva. Motivo para sentirnos orgullosos é tamén observar os grandes pasos que da a UFEDEGA, órgano que represento actualmente e que me permitiu asisitr ás Xuntas Directivas Nacionales, celebradas o ano pasado en Bilbao e este en Madrid.

 

O número e a calidade das competicións deste ano é sen lugar a dúbidas un dato a resaltar, cada tempada traballamos por ofrecer unhas condicións óptimas para todo aquel que disfrute do baloncesto. Esta tempada deu lugar á Liga de Veteranas, unha competición cun formato moi atractivo e que queremos trasladar tamén á categoría masculina de cara á vindeira tempada.

 

A pesar do noso balance positivo, non podemos esquecer a nosa activa loita irrenunciable contra calquera tipo de discriminación tanto nas pistas como fóra delas. Desde a Federación Galega condenamos todo tipo de exclusión sexa do tipo que sexa. Seguimos loitando por un baloncesto san que non ten lugar para a discriminación. Sendo certo que nun 90% respéctanse os valores e a competitividade sa, debemos ser conscientes do pequeno porcentaxe que a día de hoxe continúa ensombrecendo o noso deporte e que esperamos poder erradicar canto antes para poder seguir avanzando.

 

Énchenos de orgullo o papel relevante que de novo temos na Federación Española de Baloncesto

Rematamos coa mesma ilusión coa que comezamos

Debemos mencionar tamén a nosa preocupación polo descenso das licenzas en categorías femininas cando estas chegan a determinada idade, podendo observar como en junior e especialmente en senior o número baixa considerablemente. Esta problemática é sen dúbida un tema que debemos abordar e traballar ata conseguir solucionala e que todas as xogadoras poidan disfrutar do baloncesto compatibilizándoo cos outros aspectos da súa vida.

No marco arbitral, destacamos esta última tempada por unha maior inversión na súa formación, comprometidos a ofrecer sempre unha arbitraxe de calidade con persoal debidamente formado para poder desenvolver da mellor forma posible a súa carreira arbitral.

Rematamos coa mesma ilusión coa que comezamos este 2023/2024 e traballamos desde xa pensando na próxima tempada, na que teremos novos retos e novos obxectivos que cumpriremos un ano máis grazas ao noso traballo de equipo.

Moitas grazas!

Campións Ligas FGB 23-24

Básquet Coruña Leyma
1 División Autonómica Feminina
Salesianos Vigo
2 División Feminina
Celta Zorka Recalvi
1 División Junior Feminina
Seis do Nadal - Coia
2 División Junior Feminina
Celta Zorka Recalvi
1 División Cadete Feminina
Salesianos Vigo A
2 División Cadete Feminina
Cafés Candelas Ensino
1 División Infantil Feminina
Montrove Azul
2 División Infantil Feminina
Básquet Coruña Leyma U13
1 División Preinfantil Feminina
Celta Baloncesto
1 División Minibasket Feminina
Estudiantes Lugo Río de Galicia
2 División Minibasket Feminina
Academia Celta
1 División Preminibasket Feminina
Cafés Candelas Ensino
3x3 U17
Ineltron Santo Domingo Betanzos
1 División Masculina
Institutos Compostela Xunta de Galicia
2 División Masculina
Obradoiro Peleteiro
1 División Junior Masculina
Basquet Coruña U17
2 División Junior Masculina
Cafés Candelas Ensino
1 División Cadete Masculina
Basquet Coruña U16
2 División Cadete Masculina
NEXO 8 ETT Novobasket
1 División Infantil Masculina
CAB Láser Arena
2 División Infantil Masculina
Basquet Coruña U13
1 División Preinfantil Masculina
Estudiantes Lugo
1 División Minibasket Masculina
Ensino Lugo
2 División Minibasket Masculina
Salesianos Vigo
1 División Preminibasket Masculina
Institutos de Compostela Xunta de Galicia
3x3 U17

Organigrama

Presidente

JULIO BERNÁRDEZ ÁLVAREZ

Vicepresidente - Tesoureiro

RAMÓN LAGO ÁLVAREZ

Vicepresidente 2 - Secretario Xeral

MIGUEL GONZÁLEZ LÓPEZ MOSQUERA

Vicepresidente 3

SUSANA GARCÍA SENRA

Responsable Área Deportiva

DARÍO MARTÍNEZ MÉNDEZ

Responsable Área Arbitral

MIGUEL ÁNGEL PÉREZ PÉREZ

Vogais

  • Fernando Pérez Lorenzo
  • Alejandro Alcalde Varela
  • J.M. Villamarín Couto
  • Antonio Lorenzo Fernández
  • María Dolores Oliveira Casas
  • Begoña del Río Martínez

Comisión delegada

  • Sergio González Larrañaga
  • Javier Cotelo Rama
  • Jaime Álvarez – Ossorio
  • José Antonio Vázquez Vázquez
  • EDM Estradense
  • Porriño Baloncesto Base
  • CB Breogán SAD
  • CB Bosco Vigo
  • CB Val de Lemos

Seleccións Galegas 23-24

Selección Galega Minibasket Masculina

Selección Galega Minibasket
Feminina

Selección Galega Infantil
Masculina

Selección Galega Infantil
Feminina

Selección Galega Cadete
Masculina

Selección Galega Cadete
Feminina

Área Institucional

Julio Bernárdez, o noso presidente, foi nomeado como membro da nova Comisión Delegada FEB 2024 - 2028 tras a reelección oficial de Elisa Aguilar como Presidenta da FEB.

A finais de maio deste ano, celebrábase a primeira Comisión Delegada cos membros elixidos para o ciclo olímpico 2024-2028, tratando temas e novidades importantes nas competiciones FEB como foron a creación da Copa España e o cambio de denominación das ligas masculinas.

No referente á nosa Federación, esta tempada comunicábamos a incorporación de Begoña del Río e Lola Oliveira como novas responsables das Delegacións Zonais de Santiago e Arousa, respectivamente.

Begoña del Río, actual xefa de protección Civil en Santiago de Compostela, conta cunha traxectoria amplamente ligada ao Baloncesto, deporte que sigue sendo protagonista no seu día a día, e que agora sumará na faceta institucional dende a perspectiva federativa.

Lola Oliveira, pola súa banda, accede ao temón da Delegación en Arousa sendo unha perfecta coñecedora da mesma tras 14 anos ao fronte da súa parcela administrativa e con contacto directo coa dinámica deportiva.

Por outra parte, a nosa Directora Xeral Susana Fernández Fiuza foi nomeada pola presidenta da FEB, Elisa Aguilar, para formar parte da Comisión Executiva no periodo 2024-2028

Área Competicións

Área Arbitral

Informe partidos por clubs

Ver táboa

Nesta tempada 2023-2024, aumentou o número de partidos case un 10% e reduciuse a porcentaxe de partidos arbitrados por clubs (preminis, fundamentalmente) de 2,60% a 0,8 con respecto á tempada anterior.

Informe licenzas totais

Ver táboa

O número de licenzas disminuiu lixeiramente, pasando de 693 a 685, o que supón un 1,2% menos que na tempada anterior.

Cursos iniciación

Ver táboa

Realizamos un total de 20 cursos de iniciación, dous menos que na tempada 2022-2023 (22), pasando de 275 alumnos a 240.

A porcentaxe de altas é similar (80%), aínda que os cursos con clubes reducíronse en número.

Estatísticas Avaliacións Arbitrais -
Resumo mensual 23-24

Ver táboa

Ademais do exposto, realizáronse Xornadas Técnicas con informes presenciais ata completar un total de 180 informes engadidos complementarios aos realizados por vídeo. 

Desta forma, completáronse 378 informes a nivel autonómico.

Representación CGAB en Competicións
Nacionais e Internacionais

Competicións

O Comité Galego de Árbitros estivo representado en play offs de Euroliga, ACB, LEB Oro, EBA, finais e semifinais de Eurocup, Fase Final da Copa do Rei e da Raíña, Final da Liga Feminina, Copa LEB Prata, LF Challenge e LF2…

Alcanzouse o máximo histórico de representantes en Campionatos de España de Clubs cun total de 8 árbitros/as galegos/as.

Campionatos de España

Campionato de España Infantil e Cadete Seleccións Autonómicas (Huelva, 3-7 xaneiro):
Sergio Álvarez, Víctor G. Wisniowski, Jago Leal, Javier Moya, Helena Paz.


Campionato de España Minibasket Seleccións Autonómicas (San Fernando, 23-27 marzo):
Mateo Alvariño, Ignacio Garbayo.


Campionato de España Junior Masculino e Feminino de Clubs (Huelva, 28 abril-4 de maio):
Jaime Álvarez, Daniel L. Illán, Manuel Seijo.


Campionato de España Cadete Masculino e Feminino de Clubs (San Fernando y Santiago, 19-25 maio):
Sergio Álvarez, Andrés Esteban, Víctor G. Wisniowski, Alberto Mayayo.


Campionato de España Infantil Masculino e Feminino de Clubs (Betanzos y Pontevedra, 2-8 xuño):
Ignacio Garbayo, Javier Moya, Pedro Muñoz.


Campionato de España Minibasket Masculino e Feminino de Clubs (Córdoba y Alhaurín de la Torre, 23-29 de
xuño): 
Mateo Alvariño, Daniel Barreiro, Joana Pujades.


Campionato de España U17 3×3 (Punta Umbría, 14-17 xuño):
Álvaro Leis.


Campionato de España Seleccións Autonómicas U15 e U13 (Cartagena, 22-23 xuño):
Álvaro Leis, Unai Ortiz.

Actividades Formativas

Realizáronse un total de 8 test de regras de outubro a maio a nivel autonómico e zonal, tanto para oficiais como para árbitros.

De outubro a abril, realizáronse un total de 7 tarefas técnicas a nivel autonómico: traballos de videotest con aspectos de regras, mecánica arbitral, control de partido e criterio. 

Dende outubro a maio, relizamos un total de 4 tarefas bimensuais para oficiais de mesa FEB e ACB.

Realizáronse tamén coaboracións con Institucións Educativas (San José de Cluny, Colexio Liceo A Paz, USC, UVigo…)

Ademais, participamos en actividades conxuntas relacionadas coa arbitraxe co Ministerio de Defensa (Capitanía Xeral e Infantería da Mariña en Ferrol).

Escola Galega de Árbitros

A ESGAR desenvolveu o habitual programa educativo, de novo coa colaboración do Colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela, superando o curso un total de 25 alumnas e alumnos.

Desenvolvéronse tres Xornadas Técnicas específicas para os cursillistas.


Cun total de 8 clases presenciais, outras 8 telemáticas, 8 traballos específicos de formación arbitral desenvolvidos polos propios alumnos e alumnas, así como unha actividade final nos Campionatos Galegos Mini e Premini na Estrada, onde finaliza o curso coa entrega de diplomas acreditativos aos alumnos e alumnas.


Realizamos un seminario tipo Masterclass en formato en liña coa presenza de l@s tres árbitr@s que participarán nos JJOO de París, proximamente.

Área Deportiva

Minibasket Masculina

22 adestramentos e 2 torneos

Minibasket Femenina

22 adestramentos e 2 torneos

Infantil Masculino

Entre 18 e 22 adestramentos con 2 torneos amigables previos ao CESA 2024

Infantil Feminino

Entre 18 e 22 adestramentos con 2 torneos amigables previos ao CESA 2024

Cadete Masculino

Entre 18 e 22 adestramentos con 2 torneos amigables previos ao CESA 2024

Cadete Feminino

Entre 18 e 22 adestramentos con 2 torneos amigables previos ao CESA 2024

Actividades de seguimento

Programa de Detección e Control (PDC) 

Xogadores/as 2015, 2014, 2013 e 2012 (Minibasket)

Obxectivos do PDC:

  • Identificación de talentos e de físicos.
  • Avaliación da súa progresión.

Xeracións de 2011

Adestramentos e Torneo Infantil en Vilagarcía

Obxectivos:

  • Identificación de talentos e de físicos.
  • Avaliación da súa progresión.

Escola Galega de Adestradores (EGA)

Organigrama

Cursos de Nivel 0:

Seis formacións en formato semipresencial co apoio da plataforma Moodle. Duración total: 9 días entre Setembro 2023 e Xuño 2024

  • Arousa: 52 alumnos.
  • Lugo- Ferrol: 35 alumnos.
  • Vigo: 21 alumnos.
  • Santiago: 51 alumnos.
  • Coruña: 43 alumnos.
  • Ourense: 30 alumnos
Cursos de NIVEL 1:

Realizáronse dúas promocións durante a tempada, en formato semipresencial con apoio de plataforma Moodle

  • Setembro´ 23 a Marzo´24: 23 alumnos
 

    • 5 días presenciais na Estrada (45 horas).
    • Resto a través de plataforma en liña.
    • Realización posterior de MOD (módulo de observación e desenvolvemento).
 
  • Xaneiro´ 23 a Xuño´24: 41 alumnos
    • 5 días presenciais en Marín e A Estrada (45 horas).
    • Resto a través de plataforma en liña.
    • Realización posterior de MOD (módulo de observación e desenvolvemento.
Actividades formativas:

Actividades dirixidas á formación dos adestradores cunha presenza total de 740 técnicos

  • Seminario Monográfico Formativo (A Coruña), Setembro 2023.
    • Román Gómez (Basquet Coruña) e Iago Castro (Celta)
    • 170 asistentes
    • Colaboración de Basquet Coruña
  • Taller Específico Minibasket (Brión), Outubro 2023
    • Iago Mariñas (seleccionador mini masculino) e Javier Varela (seleccionador infantil feminino).
    • 125 asistentes.
    • Colaboración de CB Brion.
  • Aula Formativa En liña, Novembro 2023
    • David Ortega (Federación Andaluza de Baloncesto).
    • 155 asistentes.
  • Clinic Formativo (Porriño), Decembro 2023.
    • Xota Cuspinera, Alberto Corbacho (CB Culleredo), Patricia Cabrera (Baxi Ferrol) e Gonzalo Rodriguez Palmeiro (Obradoiro CAB).
    • 85 asistentes
    • Colaboración do Club Porriño Baloncesto Base.
  • Seminario Monográfico Formativo (Allariz), Febreiro 2024.
    • Antonio Pernas (Ensino Lugo) e David Bernárdez (Peixe Marín)
    • 100 asistentes
    • Colaboración do CB Allariz.
  • Taller Específico Minibasket (Lugo), Mayo 2024.
    • Angel Rioboó (Estudantes Lugo) e Enric González (Federación Catalá de Baloncesto).
    • 105 asistentes.
    • Colaboración de Estudantes Lugo.
Colaboración con eventos formativos privados:

Levaranse a cabo un total de 7 eventos colaborativos: 5 clínics e 2 xornadas técnicas

  • Clinic Calasanz Coruña (Decembro, 23).
    • Lino López y Iago Mariñas. (Basquet Coruña) e Iago Castro (Celta)

       

 
  • Xornada técnica Celta Baloncesto (Marzo, 24)
    • Oscar de Paula

       

 
  • Xornada técnica CB Montrove (Xuño, 24)
    • Davor Matkovic
 
  • Clinic Santo Domingo Betanzos (Xuño, 24)
    • Pepe Laso
 
  • Clinic AB Xinzo (Xuño, 24)
    • Toni Carrillo, Hector Abeleira y Albert Batalla
 
  • Clinic de verán – Calasanz Coruña (Xuño, 24)
    • Nicolás Sánchez, Manu Santos y Fernando Buendía
 
  • Clinic Diputación de Ourense (Xuño, 24)
    • Dani Miret, Anna Montañana, Antonio Pérez, Cristina Cantero y Jaume Ponsarnau

Estatísticas 23-24

LICENZAS

19.978 licenzas

1.490 equipos

EQUIPOS

Área Social

FEGABA

  • FGB
    • Benvida do presidente
    • Identidade
    • Organigrama
    • Delegacións
    • Proxectos Erasmus + Sport
    • Documentación
    • Seguro deportivo
    • Código Ético FEGABA
    • Social Basket
    • Transparencia
    • Imaxe Corporativa
    • Memoria 2023/2024
  • Competicións
    • Resultados e Clasificacións
    • 1 División Feminina
    • Normativa
    • Noticias
    • 3×3 FEGABA
      • III Torneo Go! Go! Zo!
      • Circuíto “3X3 URBAN – Deputación de Pontevedra”
      • 3×3 Circuíto DepOUrense Basket
    • Copa Galicia
    • Histórico
  • Área deportiva
    • Noticias
    • Seleccións
  • Árbitros
    • Noticias
    • CGAB 2026 – 2027
    • Cursos de Iniciación
    • Localización
  • Adestradores
    • Noticias
    • Escola Galega de Adestradores
    • Tenda – Cursos e Clínics
    • Nivel 1
    • Nivel 2
    • Iniciación
    • Formación Complementaria
  • REXISTRO FEGABA
  • TENDA FEGABA
  • Contacto
  • Español