Benvida do presidente

Julio Bernárdez Álvarez

Presidente Federación Galega de Baloncesto

Benvidas e benvidos á web da Federación Galega de Baloncesto,

Dende que asumín a responsabilidade de presidir esta institución, tivemos a oportunidade de compartir moitas vivencias, desafíos e logros. A paixón polo baloncesto en Galicia segue a medrar cada día, impulsada polo esforzo constante dos clubs, xogadores, adestradores, árbitros, familiares e todas as persoas que forman parte desta gran familia deportiva.

Nestes últimos anos, a Federación Galega de Baloncesto reforzou o seu compromiso coa promoción, o desenvolvemento e a profesionalización do noso deporte. Levamos adiante importantes proxectos de formación, fortalecemos os vínculos e os apoios con institucións e patrocinadores que son clave para impulsar o noso baloncesto.

Afrontamos xuntos diferentes momentos e actividades coa unión, a responsabilidade e capacidade de traballo que caracterizan ao noso colectivo. Conseguimos consolidar eventos e competicións de referencia que sitúan a Galicia no panorama baloncestístico nacional e internacional, sendo exemplo de organización, deportividade e talento.

Renovamos o compromiso de seguir traballando coa mesma ilusión do primeiro día, cun equipo humano excepcional e coa certeza de que o baloncesto galego ten un presente brillante e un futuro cheo de oportunidades.

Agradezo de corazón a confianza depositada e convido a todas e todos a continuar apoiando e gozando do noso deporte, que tanto nos une e identifica.

Unha aperta,
O Presidente

Julio Bernárdez Álvarez