
VGO Basket, presente campión da 1º División Autonómica FGB; recibiu este mesmo venres o trofeo que o acredita como tal e pon o broche a unha gran temporada, premiada co título e o conseguinte ascenso a Liga EBA.
O equipo vigués ao completo reuniuse esta mañá no Concello da cidade olívica para, co Alcalde Abel Caballero, como anfitrión; recibir de mans do Vicepresidente FGB, Alberte Zato, a súa merecida Copa de campións galegos.
Os 11 xogadores, acompañados polo seu Presidente, Javier Villalobos; e por membros da directiva do club; recolleron ledos este recoñecemento, traballado e ben asinado sobre a pista durante a vixente temporada. Parabéns!










