Cumprindo o Calendario Electoral oficial para estas Eleccións FGB 2022, publícanse os “Censos Electorais Provisionais”.
O acceso a estes Censos Provisionais debe realizarse de dúas formas segundo a categoría a consultar:
• Para os censos relativos aos estamentos de Técnicos, Árbitros e Xogadores a consulta debe tramitarse a través da seguinte LIGAZÓN (na pestana CENSO) mediante indentificación previa
• O censo relativo a Entidades Deportivas consultarase no documento que achegamos.
Reclamacións
Será posible realizar reclamacións a estos Censos Provisionais. Estas deberán realizarse, tal e como marca o calendario electoral, como prazo máximo, ata as 14:00 h do 18 de xullo de 2022.
As persoas físicas que desexen realizar presentacións de aclaracións, rectificacións ou reclamacións deben facelo vía mail (eleccions@fegaba.com) mediante escrito remitido á xunta electoral, que valorará os escritos presentados procedendo, no seu caso, a emenda ou corrección do censo.
Pola súa banda, as Entidades Deportivas que o desexen poden solicitar que figure como representante da mesma e como votante unha persoa distinta ao presidente, sempre que sexan directivos desa mesma entidade.












