Planeta Mini 2023: Galicia conta as horas para entrar en xogo!

Galicia xa está en Salou! A expedición Galega vivirá este venres xa en terras catalás a súa xornada previa ao Debut no Planeta Mini 2023.

As dúas selección galegas minis afrontan un día para descansar da súa longa viaxe, e para apuntar os últimos detalles antes da súa estrea. Para isto realizarán sesión de adestramento a media tarde.

O sábado saltarán á pista en competición oficial comezando a decidir o seu futuro nun campionato que cometa coa fase de Grupos.

Galicia Mini Feminina
Grupo E: Galicia, Castilla León e I. Baleares.

Galicia Mini Masculina
Grupo D: Galicia, P. Asturias, Navarra e Ceuta.

Calendario de Xogo
Resultados Mini Masculino
Resultados Mini Feminino
Retransmisións
CanalFEB será a televisión oficial do Mini 2023. Cun sinxelo rexistro poderase entrar na plataforma oficial da Federación Española de Baloncesto e seguir os encontros da primeira fase e os cruces do luns 3. O martes xogaranse as catro semifinais que se poderán seguirse pola canle oficial de Twitch da Federación, do mesmo xeito que as dúas finais do mércores (10:30 e 12:30 h).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram