Planeta Mini 2023: Galicia despega en Salou

Galicia en xogo. As nosas Seleccións Minis abren a súa participación este sábado no Planeta Mini 2023 e fanno na Fase de Grupos, cunha opción de encontro cada unha delas.

GALICIA MINIBASKET FEMININA

Grupo E: Galicia, Castilla León e I. Baleares.

X1 – 01/04/23

(17:30 H) – Pavillón Salou Ponent

Galicia – Illas Baleares (73 – 83)

Acusou Galicia os nervos imperantes nos últimos minutos de partido. O equipo de Adrián López presentou ante Baleares, un rival superior físicamente, un baloncesto ordenado, con alto ritmo e capaz de liderar o partido durante gran parte do mesmo. As visitantes tiveron que realizar esforzo extra para romper a vantaxe anímica e o dominio real galego. E unicamente foron quen de materializado no parcial definitivo, logrando establecer unha distancia definitiva de 10 puntos. Saldo negativo, pero que deixa as sensacións dun xogo galego de altura.

GALICIA MINIBASKET MASCULINA

Grupo D: Galicia, P. Asturias, Navarra e Ceuta.

X1 – 01/04/23

(15:30 H) – Pavillón Salou Ponent

Galicia – Ceuta (50 – 0)

Inicio sen complicacións para Galicia. O partido que abría a participación dos de Ruben Vigo neste Planeta Mini quedou certificado antes do descanso, nun escenario de xogo e ritmo moi enérxicos, que traen consigo a sensación de que o marxe para crecer é amplo.

Mañá, dobre cita na pista: Navarra (11.30 h) e Asturias (17:30 h).

Calendario de Xogo

Resultados Mini Masculino

Resultados Mini Feminino

Retransmisións – 01/04/23

https://canalfeb.tv

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram