Baxi Ferrol, campión da Liga Challenge!

Apenas un ano despois do seu descenso desde a LF Endesa, o Baxi Ferrol foi capaz de recuperar a súa praza na máxima competición nacional tras proclamarse campión da LF Challenge. Un título culminado na tarde deste sábado coa súa vitoria en A Malata ante o Sernova Real Canoe, cita na que estivo presente o Presidente FGB, Julio Bernárdez; quen puido trasladar os seus Parabéns a todo o equipo e afección. 

25 vitorias dun Baxi Ferrol impecable nesta Liga Challenge 22- 23 permiten selar ao equipo ferrolá, dirixido por un incansable Lino López; o título de Campioas de Liga e, un premio consigo por todo o alto: o ascenso a Liga Feminina Endesa.

O Pavillón de A Malata foi un clamor para acompañar ao seu equipo a un trunfo que devolve a Ferrol á maxima categoría do Baloncesto Feminino Español. Sen dúbida un premio merecido e xestionado, como ben reza un lema do propio clube, con humildade e traballo.

Dende aquí, e en nome de todo o Baloncesto Galego, representado no encontro polo noso Presidente FGB, Julio Bernárdez; así como pola Vicepresidenta FGB, Susana García; e o noso Delegado en Ferrol, Jose Cobelo; os nosos PARABÉNS!! 

Clasificación e Resultados – Liga Challenge

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram