Planeta Mini 2023: Saldo negativo para Galicia nos cuartos de final

Galicia afrontou este luns unha complicadas cruces de cuartos de final neste Planeta Mini 2023. Dous rivais de máxima altura, como foron Cataluña en categoría masculina, e Andalucía en feminina, impediron sumar dúas boas novas máis a traxectoria galega neste Campionato. Pero, deixaronnos na pista máis destellos do gran xogo galego, e do seu carácter competitivo. Toca seguir!

Calendario de Xogo

Resultados Mini Masculino

Resultados Mini Feminino

Retransmisións – 03/04/23

Canle FEB

Twitch FEB

GALICIA MINIBASKET MASCULINA

Cuartos de Final – 03/04/23

(15:30 H) –  Palau D´Esports

Cataluña – Galicia (108 – 67)

Derrota con abultada diferencia no marcador que, a simple vista, non reflicte a competitividade e o esforzo do equipo de Ruben Vigo. Carácter e boa actitude caracterizaron a unha Galicia que tiña en fronte neste cruce de cuartos a unha Cataluña fluída e superior fisicamente. Partido para extraer sensación máis que positivas de cara ao novo capítulo que tocará afrontar: a pelexa entre o 5 e 8 posto do Campionato que comezará ante Andalucía (04/04/23 – 15:30 h)

GALICIA MINIBASKET FEMININA

Cuartos de Final – 03/04/23

(15:30 H) –  Palau D´Esports

Andalucía – Galicia (79 – 29)

Galicia sufriu o poderío físico andaluz e sumou a este o cansanzo que xa empeza a pesar a estas alturas do Campionato. As rivais dominaron o encontro sen complicacións e pecharon marcador a altura do cuarto parcial de xogo, deixando as de Adrián López pensando xa no futuro reto máis inmediato deste Planeta Mini 2023: a loita entre o 5 e o 8 posto. A afrontala ante Canarias (04/04/23 – 13:30 h) coa máxima ilusión!.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram