Comeza a Copa da Raíña 2023 con dobre designación arbitral galega

A Copa da Raíña arrinca este xoves, 30 de marzo; a súa edición de 2023 na cidade de Zaragoza e faino coa presenza dun equipo arbitral composto por 12 integrantes, e con dous colexiados galegos entre eles: Paula Lema e Jacobo Rial.

Paula Lema e Jacobo Rial participarán dun equipo arbitral que se completa con dez compañeiros que, como ambos os dous, contan con ampla traxectoria e experiencia en eventos nacionais.

A competición arrinca esta tarde con dobre enfrontamento e no que xa estará presente Jacobo Rial no partido inicial de cuartos de final: Valencia Basket – Movistar Estudiantes (18:00 h – Teledeporte).

A estrea de Paula Lema nesta Copa chegará o venres, tamén en cuartos de final, no encontro Spar Girona – Lointek Gernika (18:00 h – Teledeporte).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram