Federación Galega de Baloncesto de Special Olympics Galicia renovan o Convenio de Colaboración para o fomento do deporte inclusivo

Ambas institucións asinaron esta maña en Vigo un acordo de colaboración que afianza o traballo das dúas institucións en prol do fomento do baloncesto entre as persoas con discapacidade intelectual.

A Federación Galega de Baloncesto (FGB) e Special Olympics Galicia reuníronse este luns para renovar o seu acordo de colaboración, co fin de achegar o baloncesto ás persoas con discapacidade intelectual. Da man dos seuS presidenteS, Julio Bernárdez Álvarez por parte da Federación Galega de Baloncesto, Eladio Fernández representando Special Olympics Galicia, materializouse a renovación deste acordo onde a canastra pasa a ser protagonista oficial en programas de acción social.

Dase continuidade así a unha colaboración entre ambas as institucións, que naceu no ano 2016 co obxectivo de promover a práctica do baloncesto unificado entre persoas con e sen discapacidade intelectual. A FGB continuará a colaborar nas Ligas promovidas por Special Olympics Galicia, nas que participan persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia e o Comité Galego de Árbitros será o departamento federativo encargado de controlar esta actividade designando e formando aos colexiados pertinentes para a mesma a través de cursos en liña.

Special Olympics Galicia é a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de persoas con discapacidade intelectual, que ten como finalidade a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer o tempo libre, a cultura e o deporte.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram