Monbus Obradoiro homenaxeará aos xogadores e técnicos federados no seu partido ante Real Betis Baloncesto

Os federados con licenzas da FGB, así como os seus familiares, poderán comprar entradas a 15€ (adultos) e 9€ (menores de 18).

O seguinte encontro que o Monbus Obradoiro disputará na Caldeira será o domingo 23 de abril, ás 17:00 horas, para recibir ao Real Betis Baloncesto.

O club santiagués quere que sexa un partido especial e homenaxeará aos xogadores, técnicos e árbitros federados cunha promoción especial para todo o colectivo da Federación Galega de Baloncesto.

Durante o descanso deste encontro cando o club realizará unha homenaxe en pista ás Seleccións Galegas masculinas e femininas 2023.

O club non quere que ninguén do mundo do basket galego perda este partido e pon en marcha unha promoción en entradas para os xogadores, técnicos e árbitros galegos federados, así como os seus familiares.

Mentres os maiores de idade poderán comprar entradas a 15€, os menores de 18 anos poderán facelo por 9€, en Tribuna 2 (ata esgotar as localidades dispoñibles para a venda).

Os federados interesados en adquirir as entradas con este prezo especial poden facelo ata o propio día do partido a través da páxina web do club (bit.ly/3Mypy6r) introducindo o código promocional FEGABA2304, así como nas oficinas de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram