Ourense, sede para o Campionato Galego 3×3 U15 e U13

Club Carmelitas Vedruna, coa colaboración do Concello de Ourense; organizarán esta nova competición federada 3×3.

A designación de Ourense como sede para esta cita realizouse esta mañá no propio Concello, o cal visitou, con recepción do seu Alcalde; o equipo directivo da Federación Galega de Baloncesto (FGB).

Ourense, 23 de marzo de 2023 . A cidade de Ourense será o escenario do Campionato Galego 3×3 en categorías U15 e U13. A estrea desta competición oficial realizarase na cidade das Burgas no mes de maio, acollendo esta tanto as súas dúas Fases Previas (7 de maio e 17 de maio) como a Fase Final, marcada para o 28 de maio.

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez; xunto ao Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; e o Director Deportivo de Carmelitas Vedruna; Juan A. Rodríguez; reuníronse este xoves no Concello de Ourense para realizar esta asignación de sede. O Campionato Galego 3×3 U15 e U13 converterá a Ourense no epicentro dunha disciplina, o Baloncesto en formato 3×3, que comeza a pisar forte e establecer as súas bases dentro do Deporte Federado en Galicia. Así mesmo, os equipos que resulten campións galegos nesta cita conformarán as Seleccións Galegas que participarán, no mes de xuño; no Campionato de España de Seleccións Autonómicas 3×3 u15 e u13.

Participación
A inscrición neste Campionato Galego 3×3 U15 e U13 está xa aberta a todos aqueles xogadores e xogadoras desas dúas categorías que conten con licencia na Federación Galega de Baloncesto, aínda que non pertenzan ao mesmo club. A data límite para a inscrición de equipos é a do 24 de abril. A cota de participación, así como os restantes requisitos para a mesma poden consultarse na web oficial da Federación Galega de Baloncesto: www.fegaba.com.

Así mesmo, a entidade federativa mantén aberto o email 3×3@fegaba.com para a recepción de consultas e dúbidas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram