
A Federación Galega de Baloncesto comunica a composición completa da súa nova Xunta Directiva para o ciclo 2018 – 2022. O renovado presidente FGB, Francisco Martín Micó; dá a coñecer o que será os eu grupo de traballo para os futuros catro anos de mandato, depositando neste caso a confianza de novo no organigrama que o acompañou no ámbito directivo nesta última etapa.
Así, a estrutura directiva FGB configúrase do seguinte xeito:
Presidente: Francisco Martín Micó.
Vicepresidente 1º: Alberte Zato e Gómez de Liaño.
Vicepresidente 2º: José M. Villamarín Couto.
Tesoureiro: Ricardo Méndez Rey.
Vogais/Responsables de Relacións cos clubs: José Luis Pérez Pérez, José M. Castelao Figueiras e Alejandro Alcalde Varela.
Director Área Deportiva: Carlos Colinas Morán.
Director Técnico Arbitral: Miguel Ángel Pérez Pérez.
Secretaria Xeral: Susana Fernández Fiuza.
Este núcleo de traballo acompañará ao Presidente FGB nesta nova travesía ao fronte do baloncesto galego, a cal terá asúa primeira parada en forma de reunión cos clubs nas diferentes delegacións zonais. A convocatoria e a data das mesmas datase a coñecer en vindeiros días.










