
A Federación Galega de Baloncesto comunica, vía circulares oficiais, os listados de equipos que, unha vez rematado o prazo para este proceso; presentaron a súa solicitude de inscrición nas categorías:
1ª División Masculina
1ª División Autonómica Feminina
2ª División Sénior Masculina
1ª División Júnior, Cadete, Infantil e Pre-infantil masculinas e femininas.
Fases Previas Júnior, Cadete e Infantil masculinas e femininas.
Así mesmo, notifícase a referencia dos equipos cuxa documentación presentada permanece incompleta, e a cifra de prazas vacantes rexistradas en cada categoría.
Esta información pode consultarse nos documentos que aquí achegamos e que permanecerán ubicados tamén no apartado CIRCULARES desta WEB.
Circular nº 7: inscricións 1º División Masculina, 1º Autonómica Feminina e 2º División Masculina
Circular nº 8: inscricións e vacantes en 1ª División Júnior, Cadete, Infantil e Pre-Infantil masculina e feminina
Circular nº 9: inscricións nas Fases Previas Júnior, Cadete e Infantil masculina e feminina
Circular nº 9 (II): inscricións nas Fases Previas Júnior, Cadete e Infantil masculina e feminina
Circular nº 10: Pre-Inscricións Pre-Infantil masculina e feminina










