
A Federación Galega de Baloncesto amanecía hoxe coñecendo a triste nova do falecemento de Carlos Núñez, histórico presidente de Ademar Vigo, figura referente do Baloncesto Galego e cofundador, xunto co noso Presidente de Honra, Paco García; desta Federación.
No meu nome como Presidente da Federación Galega de Baloncesto, e tamén a título persoal; quero enviar as nosas máximas condolencias á súa familia e achegados e a todo o baloncesto vigués e autonómico.
Estamos máis que seguros de que todos lembraremos a Carlos Núñez con gran cariño. Particularmente, no meu caso, non podo deixar de agradecer e recoñecer todo o que vivín xunto a el e no ámbito do baloncesto dende que o coñecín alá polo ano 1977.
No corazón do noso Baloncesto por sempre, Descanse en Paz.
Asdo. Francisco Martín Micó, Presidente FGB










