
A fin de semana que se achega presenta un menú deportivo con dous pratos fortes ben apetecibles: o inicio da Copas Galicia en categorías Sénior Feminina e EBA.
As Fases previas de ambas as competicións arrincan este sábado co obxectivo de ofrecer un xogo atractivo para estas alturas da pretemporada e enganchar así aos afeccionados ás pistas de toda a nosa xeografía.
O total de equipos galegos que nesta 2012 – 2013 acometen unha nova experiencia en Liga Feminina 2 e en Liga EBA dan vida así a unha, agardamos que intensa, edición máis destas Copas Galicia.
XX COPA GALICIA SÉNIOR FEMININA: Fase Previa Xornada 1
Grupo A: Porta XI Ensino, Universitario de Ferrol e Pabellón Ourense.
Grupo B: C.D. Bosco, C.B. Arxil e A.D. Cortegada.
29/09/2012 – 19.00 h. Pavillón Fontecarmoa (Grupo B)
Feel Cortegada – Real Club Celta Baloncesto
29/09/2012 – 20.00 h. Pavillón dos Remedios (Grupo A)
Pabellón Ourense – Durán Maquinaria Ensino
COPA GALICIA EBA: Fase Previa Xornada 1
Grupo Sur: Marín Peixegalego, Ourense Capital Termal, Chantada Galicia Vento e Establecimientos Otero.
Grupo Norte: Recinor Ferrol C.B.Galicia, Leyma Natura Básquet Coruña, Baloncesto Narón e Estudiantes de Lugo.
29/09/2012 – 18.00 h. Pavillón O Pombal (Grupo Sur)
Establecimientos Otero – Ourense Capital Termal
29/09/2012 – 18.30 h. Pavillón Municipal Chantada (Grupo Sur)
Chantada Galicia Vento – Marín Peixe Galego
29/09/2012 – 20.30 h. Pavillón Municipal A Gándara (Grupo Norte)
Baloncesto Narón – Recinor Ferrol C.B.
30/09/2012 – 17.00 h. Pazo Universitario Lugo (Grupo Norte)
Estudiantes Lugo Leyma Natura – Leyma Básquet Coruña










