Ucoga Seguros CB Chantada referenda o seu estatus de dominador da Copa “Xunta de Galicia” Terceira FEB.
Os xogadores de Fafián sumaron o sábado, 05 de outubro; e ante o seu público, un novo título de Copa. En fronte tiveron a un competidor á altura Ineltrón Santo Domingo Betanzos.
Coa súa vitoria (93 – 67), máis clara canto máis avanzaron os minutos no electrónico, os de Chantada conqueriron a súa sétima Copa, a sexta de xeito consecutivo (2024, 2023, 2022, 2021, 2019, 2018 e 2009).
Palmarés Copa “Xunta de Galicia”
Final Copa “Xunta de Galicia” Terceira FEB
(18:30 h) – 05/09/24 – Pavillón Municipal Chantada
Ucoga Seguros CB Chantada – Ineltron Santo Domingo Betanzos (93 – 67)














