Sorteado o Calendario da 38 edición da Copa “Xunta de Galicia” Sénior Masculina

A Copa “Xunta de Galicia” Sénior Masculina xa coñece os seus emparellamentos, tras sorteo realizado este xoves, 29 de agosto; na sede da Xunta de Galicia en Lugo.

O Pazo dos Deportes da cidade da muralla vivirá as Semifinais de Copa o vindeiro 20 de setembro, e farao con estes dous duelos definitivos:

18:00 h – Leyma Coruña vs Monbus Obradoiro

20:30 h –  Río Breogán vs Club Ourense Baloncesto

A Final terá lugar o domingo 22 a partir das 18:00 h.

No sorteo, no que tomaron parte Javier Arias, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo; e Manel Sánchez e José Ramón Ferreiro, ex xogadores do CB Breogán; tanto o Presidente FGB, Julio Bernárdez; como Rubén Engroba, responsable da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, organizadora da Copa; agradeceron a todos a súa participación, e deron a benvida aos catro clubs e a toda a afección galega a unha nova edición da Copa.

Venda de Entradas e abonos

Os abonos serán os primeiros en saír á venda. Poranse a disposición dos interesados o vindeiro luns, dous de agosto. O trámite realizarase a través da plataforma entradas.lugoebasket.es 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias