Federación Galega de Baloncesto, en colaboración con Concello de Marín, Club Baloncesto PeixeGalego e Colexio San Narciso, reciben esta fin de semana nesta vila a visita das Seleccións autonómicas cadetes de Madrid, Castilla León e Asturias.
Os seis combinados auoómicas formarán parte xunto á propia Galicia do “Torneo de Seleccións Autonómicas Cadete”, cita que fará lider ao baloncesto, durante o sábado 4 e o domingo 5 de novembro; nos pavillóns de A Raña e San Narciso.
Esta convocatoria por partida dobre permitirá que as seleccións convidadas den un paso máis na súa preparacón de cara ao Campionato de España da categoría, a celebrar, tradicionalmente, na primeira semana de xaneiro. Así mesmo, servirá como escenario de traballo para o Comité Galego de Árbitros, encargado da dirección de encontros do torneo.
O calendario do mesmo, distribuído por categorías, deixará o seguinte plan para desfrutar o baloncesto base nesta fin de semana, prestando especial atención a todos os encontros que dispute Galicia, os cales poderán seguirse en directo vía FGB_Retransmisións.
CATEGORÍA CADETE FEMININA
(Pavillón San Narciso)
04/11/17
10:00 h Castilla León – Galicia (50 – 74)
12:00 h Madrid – Asturias (99 – 51)
17:00 h Galicia – Madrid (57 – 69)
19:00 h Asturias – Castilla León (45 – 80)
05/11/17
10:00 h Madrid – Castilla León (82 – 73)
12:00 h Galicia – Asturias (69 – 63)
CATEGORÍA CADETE MASCULINA
(Pavillón A Raña)
04/11/17
10:00 h Castilla León – Galicia (74 – 67
12:00 h Madrid – Asturias (118 – 56)
17:00 h Galicia – Madrid (73 – 110)
19:00 h Asturias – Castilla León (70 – 77)
05/11/17
10:00 h Madrid – Castilla León (91 – 58)
12:00 h Galicia – Asturias (95 – 75)
Preselección Galega Cadete Masculina – 04 e 05/11/17
Preselección Galega Cadete Feminina – 04 e 05/11/17










