Este sábado, 28 de marzo; comeza en Reus e Salou o Campionato de España Minibasket de Seleccións Autonómicas, a cita máis apaixonante do calendario para moitos e moitas. Un PlanetaMini que permitirá ás seleccións galegas desfrutar do Baloncesto co título Nacional en xogo.
Co sistema habitual das últimas tempadas, o Planeta Mini 2026 terá dous días de fase de grupos, e tres días de segunda fase onde se determinarán os campións e o palmarés completo. A competición terá o seu broche final peche o mercares, 1 de abril.
Galicia iniciará o Campionato encadrada no Grupo D en ambas as categorías. En masculina xunto a Ceuta, Extremadura e Euskadi, e en feminina, compartindo xogo con Ceuta, Extremadura e Canarias.
Os dous primeiros clasificados dos Grupos A, B e C e os líderes dos Grupos D e E clasificaranse para cuartos de final, que se disputarán o luns 30 de marzo. Celebraranse un total de 110 encontros, vivindo as dúas finais (masculina e feminina) no Pavillón Olímpico de Reus. Tamén xogaranse duelos no Pavillón Municipal de Salou, o Pavillón Deportivo Salou Poniente, o Polilleuger Joan Rebull Márquez e o Polilleuger Cèlia Artiga. Todos os partidos poderanse seguir en directo a través da CANLE da Federación Española de Baloncesto.
Selección: Galicia Minibasket Feminina 2026
Selección: Galicia Minibasket Masculina 2026
Páxina Oficial do Campionato
CALENDARIO COMPLETO PlanetaMini2026
GUÍA Oficial do Campionato










