Cumprindo o establecido polo Calendario Electoral para as ELECCIÓNS FEGABA 2026, remítese a acta da reunión da Xunta Electoral celebrada o 4 de agosto de 2026, cuxo obxecto é resolver sobre a constitución, polo mecanismo de sorteo, das mesas electorais nas distintas circunscricións para a votación dos candidatos a membros da Asemblea Xeral da Federación Galega de Baloncesto.
A acta completa coa información correspondente á reunión e ás decisións tomadas en torno á comoosición das mesas pode consultarse a continuación:
Acta Xunta Electoral – 04/08/26
Información importante: As persoas propostas deberán aceptar esta designación no prazo dos dous días hábiles seguintes, agás causa xustificada e documentada que lles impida o seu desempeño. A aceptación ou a renuncia deberá ser presentadas por escrito ante a Xunta electoral.
A información, ao completo, do PROCESO ELECTORAL, pode consultarse AQUÍ.








