Eleccións FEGABA 2026: Voto por correo

VOTA POR CORREO

Eleccións Asembleístas

Se non podes votar presencialmente o 7 de setembro, tes unha alternativa: vota por correo.

01.- SOLICITA O TEU VOTO POR CORREO

Prazo: ata o 10 de xullo de 2026

Opción A – Vía telemática:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=DE200A

Opción B – Presencialmente:
Presenta o documento cumprimentado no rexistro de calquera administración pública (Xunta, concello, deputación, subdelegación de goberno, etc.)
https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13526599

02.- RECIBE OS TEUS SOBRES ELECTORAIS

Recibirás por correo certificado os sobres electorais e as papeletas de todas as candidaturas no domicilio que indicaches na solicitude ou, se non, no que figure no censo.

03.- PREPARA O TEU VOTO

1. Selecciona a papeleta da túa candidatura.
2. Introduce a papeleta no sobre correspondente ao estamento ao que pertenzas (Clubs, Xogadores, Técnicos ou Árbitros).
3. Introduce ese sobre no sobre dirixido á Mesa Electoral de Voto por Correo.
4. Achega unha fotocopia do teu DNI ou documento de identificación equivalente.

04.- ENVÍA O TEU VOTO POR CORREOS

Levar a Correos.
Podes entregar o teu sobre en calquera oficina de Correos.
Prazo límite: 28 de agosto de 2026.

IMPORTANTE
Debes cumprir todos os pasos en orde e dentro dos prazos indicados. Verifica que a túa documentación sexa completa antes de enviar. O non cumprimento dalgún destes requisitos podería invalidar o teu voto.

O teu voto conta. Participa nas decisións da federación.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias