Proceso Electoral 2026

fegaba

ELECCIÓNS

Información correspondente ao Proceso Electoral 2026 da Federación Galega de Baloncesto. 

ELECCIÓNS FEGABA 2026: Acta Xunta Electoral – Constitución Mesas

Cumprindo o establecido polo Calendario Electoral para as ELECCIÓNS FEGABA 2026, remítese a acta da reunión da Xunta Electoral celebrada o 4 de agosto de 2026, cuxo obxecto é resolver sobre a constitución, polo mecanismo de sorteo, das mesas electorais nas distintas circunscricións para a votación dos candidatos a membros da Asemblea Xeral da Federación…

LER MÁIS
ELECCIÓNS FEGABA 2026: Acta Xunta Electoral – Admisión Renuncia Candidaturas a Asembleístas

Cumprindo o establecido polo Calendario Electoral para as ELECCIÓNS FEGABA 2026, remítese nova acta de reunión da súa Xunta Electoral celebrada o 3 de agosto de 2026 e que resolve:  Admitir a renuncia as súas candidaturas como asembleístas por parte de dúas persoas pertencentes ao estamento de árbitros, oficiais de mesa e técnicos arbitrais. Desconvocar as eleccións…

LER MÁIS
ELECCIÓNS FEGABA 2026: Acta Xunta Electoral – Proclamación Definitiva Candidaturas a Asembleístas

Cumprindo o establecido polo Calendario Electoral para as ELECCIÓNS FEGABA 2026, remítese a acta da reunión da Xunta Electoral celebrada o 01 de agosto de 2026 que proclama de xeito definitivo, unha vez resoltos os recursos presentados ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva, as candidaturas a Asembleístas da Federación Galega de Baloncesto. Acta Xunta Electoral –…

LER MÁIS
ELECCIÓNS FEGABA 2026: Resolucións da Xunta Electoral – Reclamacións Candidaturas Provisionais a Asembleístas

Cumprindo o establecido polo Calendario Electoral para as ELECCIÓNS FEGABA 2026, remítense as resolucións realizadas pola Xunta Electoral ante as reclamacións contra a publicacións das Candidaturas Provisionais a Asembleístas. A consulta destas Resolucións debe realizarse a través da acta da reunión da Xunta Electoral, celebrada o 16 de xullo de 2026 e que aquí remitimos: Acta Xunta Electoral…

LER MÁIS
ELECCIÓNS FEGABA 2026: Candidaturas Provisionais a Asembleístas

Cumprindo o establecido polo Calendario Electoral para as ELECCIÓNS FEGABA 2026, publícanse as “Candidaturas Provisionais a Asembleístas”. A consulta destas Cantidaturas debe realizarse a través da acta da reunión da Xunta Electoral, celebrada o 9 de xullo de 2026 e que aquí remitimos: Acta Xunta Electoral FEGABA – 09/07/2026 ReclamaciónsSerá posible realizar reclamacións a estas…

LER MÁIS
Eleccións FEGABA 2026: Voto por correo

VOTA POR CORREO Eleccións Asembleístas Se non podes votar presencialmente o 7 de setembro, tes unha alternativa: vota por correo. 01.- SOLICITA O TEU VOTO POR CORREO Prazo: ata o 10 de xullo de 2026 Opción A – Vía telemática:https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=DE200A Opción B – Presencialmente:Presenta o documento cumprimentado no rexistro de calquera administración pública (Xunta, concello,…

LER MÁIS
Eleccións FEGABA 2026: Censos Electorais Definitivos

Cumprindo o Calendario Oficial para o Proceso Electoral FEGABA 2026, remítense nos seguintes documentos os “Censos Electorais Definitivos”:  Censo Electoral 2026: Adestradores Censo Electoral 2026: Entidades Deportivas Censo Electoral 2026: Árbitros Censo Electoral 2026: Xogadores Cumprindo o Calendario Oficial para o Proceso Electoral FEGABA 2026, remítense nos seguintes documentos os “Censos Electorais Definitivos”: Publícase tamén…

LER MÁIS
Eleccións FEGABA 2026: Acta Xunta Electoral 03/07/26

Publícase a acta da reunión da Xunta Electoral das Eleccións a Presidente, Asembleístas e Comisión Delegada da Federación Galega de Baloncesto 2026, celebrada o tres de xullo, na que se resolven modificacións nos censos electorais. Acta Xunta Electoral Eleccións FEGABA – 03/07/2026 Achégase así mesmo o modelo de solicitude de candidatura a Asembleísta. Lembramos que o…

LER MÁIS
Censos PROVISIONAIS FEGABA 2026

Continuando co cumplimento da LeI 3/2012 dO Deporte de Galicia, LeI 3/2025 de modificación da Ley 3/2012; Decreto 16/2018; e ao Decreto 171/2021 polo que se modifica o Decreto 16/2018, publicamos os CENSOS PROVISIONAIS da Federación Galega de Baloncesto. CENSO ENTIDADES DEPORTIVAS CENSO ÁRBITROS CENSO ENTRENADORES/AS CENSO JUGADORES-AS CENSO ENTIDADES DEPORTIVAS Editar NIF CLUB PROVINCIA…

LER MÁIS
Eleccións FEGABA 2026: Comisión Xestora

De acordo o artigo 4 do Regulamento electoral para a elección dos membros/as á Asemblea Xeral, á Presidencia e á Comisión Delegada da Federación Galega de Baloncesto, no día de hoxe, 04/06/2026; queda constituída a Comisión Xestora que estará formada polas seguintes persoas: Presidente: Julio Bernárdez Alvarez Membros: Ramón Lago Alvarez. David Seoane Brocos. Nerea…

LER MÁIS
Proceso Electoral FEGABA 2026: Actas Xunta Electoral

A continuación, permanecen dispoñibles para a súa consulta as Actas das diferentes reunións levadas a cabo pola Xunta Electoral para as Eleccións FEGABA 2026. Acta – Asemblea Xunta Electoral. 08/04/2026 Acta – Asemblea Xunta Electoral. 03/07/2026 Acta – Asemblea Xunta Electoral. 09/07/2026 Acta – Xunta Electoral FEGABA. 16/07/2026 Acta – Xunta Electoral FEGABA. 01/08/2026 Acta…

LER MÁIS
Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria FEGABA

En cumprimento coa lei electoral remitida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e co compromiso de ofrecer a máxima transparencia ao conxunto do Baloncesto Galego, comunicamos a convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria FEGABA. A reunión celebrarase o vindeiro 23 de marzo de 2026, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás…

LER MÁIS
Censos Iniciais FEGABA 2026

Para dar cumprimento a: Lei 3/2012 do Deporte de Galicia, Lei 3/2025 de modificación da Lei 3/2012; Decreto 16/2018; e ao Decreto 171/2021 polo que se modifica o Decreto 16/2018, publícanse os CENSOS INICIAIS da Federación Galega de Baloncesto. A estes censos poderán presentarse reclamacións ou rectificacións ante a Xunta Directiva desta Federación. Estas deben…

LER MÁIS

"O Baloncesto Galego di NON"

A Federación Galega de Baloncesto (FGB), en colaboración con AQUALIA, activamos a campaña “O Baloncesto Galego di NON”.

Con motivo do Día Internacional da loita da violencia contras as mulleres, 20.000 pulseiras co lema “O Baloncesto Galego di NON” foron as protagonistas nos pavillóns de toda GALICIA da man de todos os xogadores e xogadoras galegas de Baloncesto, así como os adestradores, árbitros e oficiais de mesa.

 A acción contou co apoio dos equipos galegos de categorías nacionais, tanto ACB como da propia FEB; así como dos árbitros AEBA e de personalidades do deporte e da cultura.

Basket Diverso

Parte importante da Comunidade Baloncestística galega uniuse a través de “Basket Diverso”, iniciativa que, en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado e GADIS; impulsou os valores do Baloncesto como elemento integrador e educacional.

En Lugo, Ferrol e Vigo, un total de 250 xogadores de Baloncesto de diferentes modalidades e categorías reuníronse para compartir unhas horas de aprendizaxe, inclusión e práctica deportiva.

Participaron representantes do Ensino Lugo, Celta Baloncesto e Baxi Ferrol de Liga Feminina Endesa; Xuncas Diversia, Basketmi e Amfiv Vigo de Balocnesto en Cadeira de Rodas; e as Fundacións Universitario de Ferrol e Celta Integra. 

Brazaletes de Esperanza

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que se conmemorouo 4 de febreiro, dende a Federación Galega de Baloncesto unímonos á iniciativa “Brazaletes de Esperanza”, da Asociación Española Contra o Cancro. E fixémolo grazas á implicación do noso Comité Galego de Árbitros (CGAB).

Nos encontros desa fin de semana das nosas competicións, os árbitros e oficiais de mesa do CGAB lucirán os seus propios brazaletes verdes, representando así a todo o Baloncesto Galego na nosa colaboración e total apoio á Asociación Española Contra o Cancro.

Esta enfermidade non distingue de cores nin escudos, elixe a todos por igual. Só todos contra o cancro poderemos gañar o partido máis difícil: continuar aumentando a supervivencia á enfermidade ata chegar a un 70% e apoiar aos miles de pacientes e familias.

#TodosContraoCancro

Día mundial da auga

FEGABA e GADIS, por un Baloncesto Sostible

Federación Galega de Baloncesto e Supermercados GADIS suman as súas forzas para impulsar o poder do Baloncesto como peza importante dun mundo máis sostible.

Con motivo da celebración do Día mundial da Auga (22 de marzo), FEGABA e GADIS ofrecen aos clubs galegos de Baloncesto a posibilidade de recibir, de xeito gratuíto, novas redes para as súas canastras, unhas redes especiais que proceden do mar e que chegan coa sinatura da empresa ECOBALLUTION.

Federación Galega de Baloncesto e GADIS súmanse así a aposta de ECOBALLUTION para materializar a capacidade do Deporte para respectar e coidar ao medio ambiente.

As redes ECOBALLUTION están confeccionadas de forma artesanal polas redeiras de Corme, e proceden doutras redes, as que se atopan no mar ou foron rexeitadas xa para o seu uso neste ámbito.

Ecoballution

A ligazón de ECOBALLUTION co Baloncesto non é allea. Esta marca conta co xogador Coruñés, Carlos Martínez; como o seu fundador, director e coñecedor en primeira persoa da importancia do compromiso que o Deporte debe ter co medio ambiente, neste caso a través da AUGA.

Construamos xuntos un Baloncesto máis sostible a partir da AUGA

IMG_9288

Celebramos a nosa Lingua Galega!

17 de maio, Día das Letras Galegas, homenaxeamos a Luísa Villalta, autora coruñesa que dedicou gran parte da súa vida non só á publicación de poemas e ensaios en galego, senón que tamén tivo unha brillante carreira como violinista.
 
Dende a FEGABA, convidamos a todos os nossos clubs e aos integrantes do Comité Galego de Árbitros a a compartir vídeos recitando os seus fragmentos favoritos das  obras da autora.  
 
E a todos aqueles clubs, colexiados e oficiais que se animaron a compartilos, entregamos un agasallo moi especial: un marca páxinas creado como recoñecemento do Baloncesto Galego a Luísa Villalta, á súa obra, e á Nosa Lingua!.