
A Copa Galicia Sénior Masculina 2018 – 2019 inicia a súa edición XXXII esta fin de semana. Baixo a organización de Concello de Marín, coa colaboración de Marín Peixegalego e baixo a denominación de I Torneo Virxe do Porto de Baloncesto, a competición disputará a súa fase previa nesta localidade entre o venres, 7 de setembro; e o domingo 9.
Nesta quenda inicial da competición entrarán en liza tres dos cinco protagonistas da mesma: os dous equipos galegos de LEB Ouro e o único representante autonómico en LEB Prata: Leyma Básquet Coruña, Rio Ourense Termal e Marín Ence Peixegalego, respectivamente.
Os tres afrontarán unha liga a unha volta que enviará a dous equipos ao cruce de semifinais, que terá lugar o 16 de setembro e no que xa agardan, clasificados de xeito directo pola súa categoría ACB; os outros dous participantes nesta Copa: Cafes Candelas Breogán, e o campión das últimas oito edicións da Copa Galicia, Monbus Obradoiro.
A primeira quenda disputarana no Pavillón da Raña (Marín) os dous equipos galegos de LEB Ouro e o único representante autonómico en LEB Prata: Leyma Básquet Coruña, Rio Ourense Termal e Marín Ence Peixegalego, respectivamente.
Os tres afrontarán unha liga a unha volta que enviará a dous equipos ao cruce de semifinais, que terá lugar o 16 de setembro e no que xa agardan, clasificados de xeito directo pola súa categoría ACB; Cafes Candelas Breogán, e o campión das últimas oito edicións da Copa Galicia, Monbus Obradoiro. Posteriormente, a gran final celebrarse o 31 de outubro.
O reparto de xogo da fase previa deixará un encontro por cada data desta fin de semana, desputándose do seguinte xeito:
XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina
Fase Previa – I Torneo Virxe do Porto de Baloncesto (Sede: Marín. Pavillón A Raña)
Precio: 2€ por partido. Abono por 3 partidos: 4€
1ª Xornada – 07/09/18
(20.00 h) Leyma Basquet Coruña – Rio Ourense Termal (86 – 63)
2ª Xornada – 08/09/18
(20.00 h) Rio Ourense Termal – Marín Ence Peixegalego (93 – 72)
3ª Xornada – 09/09/18
(20.00 h) Marín Ence Peixegalego – Leyma Basquet Coruña (98 – 100)
Fase Final
Semifinais
16/09/18
(18.00 h) Leyma Basquet Coruña – Cafés Candelas Breogán (Y)
(20.00 h) Rio Ourense Termal – Monbus Obradoiro (X)
Final
31/10/18
(21.00 h) Gañador X – Gañador Y











