A XXXI edición da Copa Galicia Sénior Masculina comeza esta mesma tarde de xoves, 8 de setembro; co enfrontamento inicial da Fase Previa entre Marín Peixe Galego e Básquet Coruña. Ambos equipos son os encargados de dar saída a unha competición que este ano celebrará a súa Fase Final na vila de Noia a fin de semana do 24 e 25 de setembro.
Para seguir as evolucións da edición 2016 do trofeo copeiro por excelencia, podes consultar o calendario completo e clasificación da Fase Previa nas seguintes ligazóns:
XXXI Copa Galicia Sénior Masculina – Resultados
XXXI Copa Galicia Sénior Masculina – Clasificación










