Xuntanza Preminibasket, peche de temporada en Vilagarcía

Este sábado 28 de xuño, Vilagarcía de Arousa convértese no epicentro do baloncesto base galego coa celebración da Xuntanza Preminibasket da xeración 2016, unha cita que reune, como xa é tradición ao remate de cada temporada, ás seleccións das sete delegacións FEGABA e a dous combinados das Seleccións Galegas 2016.

Ao longo da xornada disputaranse en FEXDEGA 16 encontros en catro pistas simultáneas, ofrecendo un espectáculo deportivo continuo desde as 10:30 h da mañá ata as 17:00 H da tarde, nun ambiente festivo e de convivencia.

Os partidos arrincarán ás 10:30 h coa dobre estrea dos combinados de Arousa contra Santiago (categorías masculina e feminina), Coruña contra Vigo, e continuarán ao mediodía cos duelos de Ourense ante Galicia 2016 e Lugo contra Ferrol. Tras unha pausa para o xantar, a actividade retomarase ás 15:30 h co cruce entre Arousa e Coruña, Vigo e Santiago, e rematará coas eliminatorias finais que enfrontarán a Lugo con Ourense, e a Ferrol co combinado Galego 2016.

A Xuntanza non só será unha oportunidade para ver en acción aos deportistas máis novos, senón tamén un espazo de valores e aprendizaxe.

Esta cita representa un punto clave no traballo de avaliación e seguimento de xogadores e xogadoras por parte da área deportiva FEGABA, que continuará a súa labor de detección de talento e planificación das futuras convocatorias.

O evento conta coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa e da Fundación de Deportes de Vilagarcía, cuxo apoio resulta esencial para facer realidade esta gran festa do minibasket galego.

Seleccións Vigo

Seleccións Santiago

Seleccións Ourense

Seleccións Lugo

Galicia 2016

Seleccións Ferrol

Seleccións Arousa

Seleccións Coruña

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias