
Xornada Formativa para adestradores dentro do clínic arbitral do Comité Galego de Arbitros. O vindeiro día 1 de setembro, dentro do clinic arbitral do Comité Galego de Arbitros e coa colaboración do Concello de Marín; a Federación Galega de Baloncesto organizará a partir das 17.15 horas no Colexio San Narciso de Marín unha xornada formativa dirixida a adestradores e coa posibilidade de validación horaria por participación (4 horas).
Esta actividade estará centrada en tres charlas diferenciadas protagonizadas polo técnico de Rio Ourense Termal, Gonzalo GArcía de Vitoria; e o Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez:
Gonzalo García de Victoria (Adestrador do Rio Ourense Termal): “Visión do Adestrador”.
Miguel A. Pérez (Director Técnico do CGAB):”Novas Regras” e “Interrelacion Paso Cero-Técnica individual do xogad@r.












