Presentamos a nova app oficial da Federación Galega de Baloncesto, que xa está dispoñible para a súa descarga tanto para sistemas android como ios.
Trátase dunha app completa que, ademais da información referente a competicións integra tamén a información referida as licenzas. Esta renovación supón que pasamos de ter dúas app diferentes a congregar todos os servizos nunha única e actualizada.
Entre as novidades que podemos atopar nesta nova app contamos cun novo deseño mellorado e actualizado e coa xa indicada fusión da e-licenza e a aplicación de competicións. Así mesmo, permitirá activar o aviso de inicio de partidos que interesen particularmente ao usuario, e unha visualización das estatísticas da partidos, estatísticas acumuladas dos equipos, estatísticas do xogadores e seguimento en directo dos partidos nos que se realice acta dixital.
A mudanza á esta nova app debe xestionarse polos usuarios de maneira diferente en función do sistema operativo que manexen.
Detallamos o proceso:
Android
Os usuarios de Android deben desinstalar a app antiga de competicións e instalar a App nova, que xa está dispoñible no Playstore.
Trátase dunha app completamente renovada na cal tamén están integrada as licenzas. A app utilizada ata o de agora para as licenzas queda en desuso.
Iphone
Os usuarios de iphone que teñen actualmente descargada a app de competicións da FGB unicamente deben actualizala. Con esta actualización acceden xa á nova versión, na que, como xa indicamos, tamén están integradas as licenzas. Remarcamos que, por iso, a app de licenzas que se utilizaba ata o momento queda xa en desuso.
Os usuarios de Iphone que non tivesen descarga a app antiga de competicións teñen que descargala, desde cero, do seu apple store.
Neste proceso de cambio, o email secretaria@fegaba.com permanecerá dispoñible para recibir calquera dúbida de emprego da app, así como notificacións de erros de instalación.












