Sorteamos dúas camisetas da selección galega na fase final da Copa Galicia Feminina
Esta fin de semana a Copa Galicia Feminina chega ao Pavillón da Malata, en Ferrol, e vivila en directo pode ter premio especial.
Con motivo da celebración da fase final, activamos o sorteo de dúas camisetas oficiais da Selección Galega entre todas as persoas que posúan entradas ou abonos mercados antes das 20:00 h deste xoves, 10 de setembro.
As persoas gañadoras coñeceranse durante a celebración dos partidos e tamén recibirán a notificación por correo electrónico ou nas nosas redes previamente.
Lembramos que as entradas e abonos permanecen á venda a través da plataforma ATAQUILLA
Horarios da Fase Final
Venres, 11/09/26
- 18:00 h – Sparking Truth Maristas – Durán Maquinaria Ensino
- 20:30 h – Celta Femxa Zorka – Baxi Ferrol
Sábado, 12/09/26
- 19:00 h – Final












