Viveiro acolle un Torneo Internacional Feminino SUB 18

Viveiro acollerá no vindeiro mes de xuño o Torneo Internacional U18 de baloncesto feminino que entre o venres 16 e o domingo 18 enfrontará ás xogadoras promesas do Hungría, Bélxica, Alemaña e España.

A disputa desta competición forma parte da preparación do equipo nacional que volveu elixir Viveiro para a concentración de cara ao Campionato de Europa que se disputa do 1 ao 9 de xullo en Turquía.

O Concello de Viveiro acolleu o mércores, 24 de amio; a presentación desta estadía e do torneo cun acto que contou coa presenza da alcaldesa, María Loureiro, xunto ao Presidente do Club Baloncesto Viveiro, Juan Carlos Fernández Parra, ao seu Secretario, David Gómez Rosa, e a Presidenta da Asociación Deportiva e Cultural Drocer Ana Ónega Méndez.

Por parte da Federacion Española De Baloncesto compareceu José Ignacio Hernández, Director Deportivo, mentres que  Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, escusou a súa presenza ao atoparse fóra de Galicia.

“Para nós é un orgullo poder ser sede dun Torneo Internacional deste nivel así como volver contar coa estadía da selección. É moi importante para nós e estamos moi agradecidos de que unha entidade da importancia da Federación Española de Baloncesto conte co Concello de Viveiro”, subliña María Loureiro que agradece tamén ao CB Viveiro e a AD Drocer a súa implicación.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram