Convidamos a todos os membros da nosa comunidade, novos e maiores, xogadores experimentados ou principiantes, a participar nunha iniciativa especial de baloncesto que une ás persoas través do deporte.
Como parte do noso proxecto internacional Erasmus + sport: “Basket Bridges”, estamos a organizar actividades de baloncesto inclusivas que conectan a os residentes locais cos migrantes que viven na nosa comunidade. Estas actividades son máis que un simple xogo, son unha oportunidade para promover estilos de vida saudables, fomentar a amizade e celebrar a diversidade.
- Non importa o teu nivel de habilidade, todos sodes benvidos!
- Coñece xente nova, aprende sobre diferentes culturas e goza do poder do traballo en equipo.
- Xuntos podemos construír comunidades máis fortes e máis conectadas.
O baloncesto é a linguaxe universal da cooperación, e esta é a túa oportunidade de formar parte de algo significativo, divertido e inspirador.
As próximas actividades comezan en setembro e a participación será gratuíta. Sede parte do xogo que marca a diferenza!
Para máis información, visita o Instagram do proxecto @basketbridges ou contacta con nós vía secretaria@fegaba.com










