Tres colexiados do CGAB, designados para a Copa da Raíña 2026

Laura Piñeiro Amondaray, Jacobo Rial Barreiro e Paula Lema Parga formarán parte do equipo arbitral que dirixirá os encontros da LXIV Copa de S.M. A Raíña en Tarragona

A Federación Española de Baloncesto comunicou a designación dos 12 colexiados que dirixirán os encontros da LXIV Copa de S.M. a Raíña, que se disputará en Tarragona do 26 ao 29 de marzo. Entre eles, tres representantes do Comité Galego de Árbitros: Laura Piñeiro Amondaray, Jacobo Rial Barreiro e Paula Lema Parga.

Os tres son colexiados do Grupo 1 FEB e coñecen ben o que significa formar parte dunha cita deste nivel. Non é a súa primeira experiencia en fases finais e competicións de máxima esixencia do baloncesto estatal, o que avala a súa presenza nesta nova convocatoria.

O equipo arbitral complétase con Cristina Adán Rodríguez, Jordi Domingo Vilalta, Pol Franquesa Vázquez, Carlos Javier García León, Juan Ramón Hurtado Almansa, Ángel de Lucas de Lucas, José Javier Marqueta Gracia, Jesús Marcos Martínez Prada e Juan Pedro Morales García-Alcaide. Como técnicos acudirán Francisco Javier Castillo Centeno e Mariano Palomo Cañas.

Tres dos doce. A arbitraxe galega presente unha vez máis onde se xogan os grandes títulos do baloncesto feminino.

Dende a FEGABA e o CGAB, os nosos parabéns a Laura, Jacobo e Paula.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias