
A Federación Galega de Baloncesto comunica que, por razóns alleas á súa vontade, queda anulada a Fase Final do programa 3×3 “Plaza 2014”, cita que estaba programada para celebrarse este venres, 20 de xullo, na coruñesa praza de María Pita.
A suspensión temporal da actividade responde estritamente a cuestións de loxística que non teñen relación directa coa estrutura da FGB e que impiden realizar a competición nos termos que a mesma precisa.
Dende a Federación Galega de Baloncesto confiamos en poder realizar a Fase Final desta actividade nunha futura data que sexa mas propicia e da que se informará puntualmente no seu momento. Igualmente, trasladamos as nosas disculpas polos posibles inconvenientes causadas en torno a este cambio.










